José del Valle Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José del Valle Vázquez
Nacemento1916
 Sabadelle, Chantada
Falecemento1982
 Málaga
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José del Valle Vázquez, nado en Sabadelle (Chantada) en 1916 e finado en Málaga en 1982, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da Comuñón Tradicionalista Carlista na que ingresou en 1931. Na guerra civil combateu no bando franquista como tenente da Legión Española, foi ferido e obtivo a condición de caballero mutilado. Foi xestor da Deputación da Coruña, delegado comarcal de Información e Investigación e alcalde de Santiago de Compostela (1941-1943)[1]. Foi procurador nas Cortes Españolas durante a primeira lexislatura do franquismo (1943-1944). En outubro de 1943 foi nomeado Xefe provincial do Movimiento e gobernador civil de Cuenca. Foi gobernador de Lugo de 1948 a 1957. Posteriormente foi Delegado Provincial de Vivenda (ata 1972), Administrador de Bens da Diocese de Lugo e xerente de Radio Popular de Lugo.

O 23 de maio de 1963, diante da campaña pola liberdade relixiosa, e a marcha do Concilio Vaticano II, firma como representante carlista de Galicia o manifesto: El carlismo y la unidad religiosa[2].


Predecesor:
Juan Gil Armada
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1941 - 1943
Sucesor:
Jorge de la Riva Barba

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC-Madrid, 9 de outubro de 1943. Datos Biográficos de los nuevos Jefes Provinciales.
  2. Un poco de historia: El Carlismo durante Franco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_del_Valle_Vázquez&oldid=4703433"