Jos van Amelsvoort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jos van Amelsvoort
Jos van Amelsvoort.jpg
Nacemento8 de xaneiro de 1910
 Kaatsheuvel
Falecemento14 de novembro de 2003
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Ocupacióncompositor
editar datos en Wikidata ]

Jos van Amelsvoort, nado o 8 de xaneiro de 1910 e finado o 14 de novembro de 2003 en Kaatsheuvel, foi un compositor neerlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Van Amelsvoort estudou piano con Fons Dusch e composición con Willem Pijper no Conservatorio de Rotterdam en 1934. Durante a Segunda Guerra Mundial estudou con órgano con Flor Peeters na cidade flamenga de Mechelen, despois da guerra perfeccionou os seus coñecementos de composición durante un ano con Albert de Klerk. Foi profesor de teoría da música no Brabants Conservatorium de Tilburg entre 1955 e 1975.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa primeira obra orquestral compúxoa cando estaba estudando en Bélxica en 1944, titulada Sinfonietta, pero non foi ata 1994 cando se interpretou por vez primeira nun documental para a televisión producido pola KRO. Estudando con Albert de Klerk foi cando se familiarizou cos mottettos de Anton Bruckner e Giuseppe Verdi, cos que quedou impresionado polo seu cromatismo e el mesmo compuxo arredor de 50. Pola pouca acollida que tiveron as súas composicións para orquestra dedicouse máis a compoñer para banda. Tamén escribiu obras para coro, óboe e piano.

Unha característica da súa música é a atonalidade, influencia do seu mestre Willem Pijper. Outras influencias musicais na súa obra son as de Bach, Bruckner, Franck, Mahler, Debussy e Ravel.

Composicións[editar | editar a fonte]

  • 1996 Adagio, para corda
  • 1996 Ante Luciferum, para cuarteto vocal e coro
  • 1995 Nocturne, para corda
  • 1994 Quintetto I, para quinteto de óboes
  • 1993 Sept poèmes de Paul Verlaine, para corda
  • 1989 31 motetten op Gregoriaanse gezangen, para coro a capella
  • 1988 Cantilene, para banda sinfónica
  • 1987 Pavane e capriccio, para banda sinfónica
  • 1986 Ballade, para banda sinfónica
  • 1986 Eglogue, para arpa ou piano
  • 1986 3 etuden, para óboe e banda sinfónica
  • 1985 Tre notturni, para banda sinfónica
  • 1982 Notturno I, para 14 instrumentos
  • 1982 Notturno II, para 14 instrumentos
  • 1979 Musichetta, para 14 instrumentos
  • 1975 Concerto grosso, para orquestra
  • 1975 Prelude II, para banda
  • 1975 Prelude II, para orquestra
  • 1970 Prelude I, para banda
  • 1969 Ouverture alla francese, para orquestra
  • 1965 Tema con variazioni, para banda
  • 1965 Tema con variazioni, para banda sinfónica
  • 1964 Suite voor harmonieorkest (hommage à Peter Iljitsj)
  • 1962 Ouverture alla francese, para órgano
  • 1961/1980 Toccata nr. 1 e 2, para piano
  • 1961 Missa In honorem immaculati cordis beati Mariae Virginis, para coro e orquestra de cámara
  • 1955 Kleine polyphone etudes, para piano
  • 1948-1990 Cantus vesperales: in festis deiparae Virginus Mariae (prima pars) ad 4 voces inaequales
  • 1948-1990 Cantus vesperales: in festis deiparae Virginis Mariae (secunda pars), ad 4 voces inaequales
  • 1947 Reyen van Vondels Lucifer, para coro a capella
  • 1945 Sinfonietta, para orquestra
  • 1943 Toccata con corale e fuga, para órgano
  • 1942/1947/1946 Jesu dulcis, Phantasia symphonica, O filii et filiae, para órgano
  • 1939/1942/1992 Choraal in b mineur; Creator alme siderum; Fantasia, para órgano
  • 1939 O quam amabilis, para coro
  • 1936 12 pezas para piano baseadas en contos de Andersen
  • Schoon lief ..., para soprano, alto, tenor e baixo
  • Deux élégies, para 2 frautas, 2 óboes, 3 clarinetes, 4 trompa, 2 fagots e contrabaixo
  • Larghetto e scherzo, para banda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jos_van_Amelsvoort&oldid=4974025"