Josep Maria Soler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josep Maria Soler
Posición Base
Altura 1,73 m (5 ft 8 in)
Nacemento 16 de nov. de 1943 (75 anos)
Flag of Catalonia.svg Mataró, Barcelona
Carreira
Tempadas 19581981
Canteira Colegio Santa Ana / UE Mataró
Internacional 9 veces (España)
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     
Asistencias     
Roubos     
Premios
Adestrador
  • Flag of Galicia.svg CB Breogán (1974-1985)
  • Flag of Catalonia.svg UE Mataró (1979-1981)

Josep Maria Soler Vicens, nado o 16 de novembro de 1943 en Mataró, Barcelona, e un ex-xogador internacional e adestrador de baloncesto catalán que xogou durante a meirande parte da súa na Primeira División da Liga Española de Baloncesto. Internacional absoluto con España en 9 ocasións, estivo a piques de ser o primeiro xogador profesional do baloncesto español. O seu fillo, Jordi Soler, foi tamén xogador internacional de baloncesto. Cunha altura de 1,73 metros xogaba na posición de base.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Josep Maria Soler comezou a súa carreira no mundo do baloncesto no Colexio Santa Ana do seu Mataró natal.[1] Con quince anos, en idade xuvenil, é fichado pola canteira da UE Mataró. Dous anos despois, con dezasete, é subido ao primeiro equipo por Antoni Serra, famoso adestrador mataronés, xogando alí até o ano 1966, cando que ficha polo Picadero Jockey Club de Barcelona.

O equipo barcelonés, a base de talonario, conseguiu formar un gran cadro de xogadores, plantando cara aos equipos máis importantes da primeira división, como o Real Madrid e o Barcelona. No equipo presidido por Joaquín Rodríguez coincide con José María Soro, Chus Codina, Lorenzo Alocén e Miguel Albanell, entre outros, conseguindo nos cinco anos que estivo unha Copa do Rei en 1968 contra o Joventut, ademais multitude de subcampionatos.

En 1971 ficha polo FC Barcelona,[2] xogando no equipo culé até os trinta anos. Despois xogaría co CB Breogán, dandose a curiosa circunstancia de que no que ano que militou no equipo lucense, el seguía vivindo en Barcelona, desprazándose ata Lugo para xogar os partidos. O seu últimos ano en activo foron unha idas e vindas entre o Bàsquet Manresa e a UE Mataró, equipo onde finalizou a súa carreira sendo adestrador-xogador.

Profesionalismo[editar | editar a fonte]

En 1974, ano no que finalmente xogou no Breogán de Lugo,[2] estivo a piques de converterse no primeiro xogador español en ser profesional, tras recibir unha oferta para xogar no Iberia Superstars, un equipo dunha liga europea profesional creada na época, a EPBL.

Internacional[editar | editar a fonte]

Josep Maria Soler foi 9 veces internacional coa selección de baloncesto de España absoluta. O seu fillo, Jordi Soler, chegou ser tamén internacional en dúas ocasión xogando no mesmo posto que o seu pai.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Josep_Maria_Soler&oldid=5015889"