Joseph-Maria Piel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Joseph-Maria Piel
Nacemento 8 de xuño de 1903
  Morhange
Falecemento 28 de maio de 1992
  Tréveris
Nacionalidade Alemaña
Ocupación romanist e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Joseph-Maria Piel, quen adoitaba asinar como Joseph M. Piel, nado en Mörchingen (Lorena) o 8 de xuño de 1903 e finado en Tréveris o 28 de maio de 1992, foi un filólogo e lingüista alemán, destacado polos seus estudos romanísticos e especialmente no ámbito galego-portugués, ó que dedicou boa parte dos seus traballos a antroponimia e toponimia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Lorena, daquela incorporada a Alemaña. Pasou a súa infancia en Tréveris, onde estudou bacharelato. Estudou Filoloxía nas universidades de Friburgo, Berlín e Bonn, especializándose en Filoloxía Románica. Foi discípulo directo de Wilhelm Meyer-Lübke, naquela época a figura dominante da romanística. Piel inclinouse primeiramente polo francés, sobre o cal versou a súa tese doutoral (Die Mundart von Courtisols bei Châlons, "O dialecto de Courtisols en Châlons").

Poucos anos despois pasou a Portugal, onde en 1929 era profesor axudante na Universidade de Coimbra. Casou en Lisboa, coa filla dunha familia de comerciantes alemáns alí asentados. En 1938 accedeu a unha cátedra na Facultade de Letras de Coímbra, o que lle permitiu librarse da guerra nos anos seguintes. En 1953, volveu ó seu país natal, no que exerceu a cátedra de Filoloxía Románica na Universidade de Colonia, posto que ostentaría até 1968, data na cal regresou a Lisboa, aínda que alternaba con estadías en Tréveris. En 1978 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, mais o acto, o 20 de xaneiro de 1980, ficou embazado por incidentes estudantís.

Joseph Piel é considerado como a gran figura da romanística que deu a coñecer o galego como unha lingua independente dentro da Romania. O seu discípulo máis directo cóidase que é o doutor Dieter Kremer, aínda que se pode citar tamén a Walter Metmann e mais o filólogo galego Ramón Lorenzo Vázquez, que coñeceu a Piel sendo lector na Universidade de Colonia entre 1962 e 1968.

Obra selecta[editar | editar a fonte]

  • Contribuções para o léxico etimológico português. Coímbra. Universidade de Coímbra. 1930.
  • Os nomes germânicos na toponimia galego-portuguesa. Lisboa. Centro de Estudos Filológicos. Vol. I, 1936. Vol. II, 1945.
  • Miscelânea de etimologia portuguesa e galega (primeira série). Coímbra. 1953, XII + 391 páxs.
  • Hispano-gotisches Namenbuch (con Dieter Kremer). Heidelberg. 1976.

Gramática[editar | editar a fonte]

  • Observações acerca do vocalismo mirandês, in Biblos, VI, 1930, páxs. 187-190.
  • A formação dos substantivos abstractos em português, in Biblos, XVI, 1940, páxs. 211-273.
  • Considerações sobre a metafonia portuguesa, in Biblos, 18, 1942, páxs. 365-371.

Léxico e etimoloxía[editar | editar a fonte]

  • Os nomes populares da codorniz, in Revista de Portugal, série A, XV, 1949, paxs. 57-65.
  • Do grego-latino thalamus ao brasileiro tambo, in Ibérida, I, 1959, páxs. 63-68.
  • Beiträge zu einem galizischen etymologischen Wörterbuch, in Wort und Text. Festschrift für Fritz Schalk. Frankfurt am Main. 1963, páxs. 83-100.
  • Caractères Généraux et Sources du Lexique Galicien, in Actes du Xème Congrès International de Linguistique et Philologie Romane, III, París. 1965
  • Apontamentos de etimologia galega, in Estudos Filológicos. Homenagem a Serafim da Silva Neto. Rio de Janeiro. 1967, páxs. 149-154.
  • Uma etimologia bem estabelecida, aventurosamente contestada: bravo < barbarus, in Verba. Anuario Galego de Filologia, 3, 1976, páxs. 5-10.
  • Galego abouxar, sardo (a)boginare, português bugiar, español voznar, in Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, 32, 1976, páxs. 461-466.

Onomástica e Toponimia[editar | editar a fonte]

  • As águas na toponímia galego-portuguesa, in Boletim de Filologia, VIII, 4, 1945-1947, páxs. 305-342.
  • Nomes de possessores latino-cristãos na toponímia asturo-galego-portuguesa, in Biblos, XXIII, 1947, páxs. 143-202 e 283-407.
  • Nomes de lugar referentes ao relêvo e ao aspecto geral do solo, in Revista Portuguesa de Filologia, I, 1947, páx. 168 e ss.
  • Die ältesten Personennamen Kataloniens in ihrem Verhältnis zu den altspanischen und altsportugiesischen. Barcelona. 1954.
  • Antroponimia germánica, in Enciclopedia Linguística Hispánica, t. I. Madrid. 1960, páxs. 421-444.
  • Miscelânea toponímica peninsular, in Revista Portuguesa de Filologia, I, páx. 221 e ss.
  • Sobre uma suposta identificação do topónimo galego-português Groba, Grova etc, com o etnónimo pré-romano Grovii, in Verba. Anuario Galego de Filologia, 1, 1974, páxs. 62-67.
  • Vilarmosén, Rosén e outros topónimos congéneres da província de Orense, in Boletín Auriense, tomo 5, 1975, páxs. 287-289.
  • Sobre miragens de pré-história onomástico-lexical galega, a propósito do galego Becerreá, in Grial, 64, 1979, páxs. 129-139.
  • Respiga de antro-toponímia galega de origem latina, in Verba. Anuario Galego de Filologia, páxs. 125-152.

Edicións de obras literarias[editar | editar a fonte]

  • Livro dos Oficios de Marco Túlio Cicerón do qual tirou linguagem o Infante D. Pedro. Coímbra. Universidade de Coímbra. 1948.
  • D. Duarte, Livro da ensinança de bem cavalgar toda sela. Lisboa. Casa da Moeda. 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joseph-Maria_Piel&oldid=4782040"