Juan Oliveira Viéitez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Oliveira Viéitez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoJuan José Oliveira Viéitez
Nacemento22 de outubro de 1928
 Pazos de Reis, Tui
Falecemento16 de abril de 2002 (73 anos)
 Canido, Vigo
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescultor
FillosMercedes Oliveira Malvar
Coñecido/a porOs cabalos, Monumento a Alfonso IX e O rapto de Europa
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]
Os cabalos, Praza de España, Vigo.
O rapto de Europa, en Samil, Vigo.

Juan José Oliveira Viéitez nado o 22 de outubro de 1928 en Pazos de Reis, Tui, e finado o 16 de abril de 2002 en Canido, Vigo, foi un escultor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe acomodado, a súa familia posuía unha fábrica de galletas. Estudou enxeñaría industrial na Complutense de Madrid. Foi empresario e presidente da Cámara de Comercio de Tui (1959-1969)[2] e vicecónsul de Portugal en Tui. Criaba cabalos e participaba en concursos hípicos. A súa faceta artística como escultor comezou cando xa tiña máis de corenta anos de idade.

Obra[editar | editar a fonte]

É autor, entre outras obras, do Can do zoolóxico da Casa de Campo, en Madrid[3] ou o Pegaso do aeroporto de Barajas en Madrid;[4]O rapto de Europa de Samil (Navia),[5] o conxunto escultórico Os cabalos da fonte da Praza de España, de vinte metros de altura, e as dúas estatuas de figuras a cabalo do Teatro García Barbón[6] en Vigo; o monumento ao cabalo salvaxe de Tui e o Afonso IX de Baiona.[7] Modelou tamén temas deportivos, taurinos e de xogos infantís. Toda a súa obra transmite gran dinamismo.

Premios[editar | editar a fonte]

Foi premiado coa Medalla Castelao en 2001[8] e cunha Medalla de Ouro na 1ª Bienal de Pontevedra.[9]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Juan_Oliveira_Viéitez&oldid=4899585"