Juan Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Salgueiro
Nacemento3 de agosto de 1946
 Abades
Falecemento3 de marzo de 2015
 A Bandeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Juan José Salgueiro Montouto, nado en Abades (Silleda) o 3 de agosto de 1946 e finado na Bandeira o 3 de marzo de 2015[1], foi un político galego e alcalde de Silleda entre 1987 e 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado de banca, primeiro en Banesto e despois na Caixa de Aforros de Pontevedra. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou as listas de Alianza Popular á alcaldía de Silleda, que gañou por maioría absoluta. Repetiu triunfo nas municipais de 1991 e 1995, formando de novo goberno con maioría absoluta, pero desta volta nas filas do herdeiro de Alianza Popular, o PPdeG. Deixou a corporación en 1999, sendo o seu substituto á cabeza da agrupación política local José Fernández Viéitez. Foi deputado provincial entre 1991 e 1995. Cando deixou a alcaldía rexentou unha axencia inmobiliaria.


Predecesor:
Casimiro Fernández Otero
 Escudo de Silleda.svg
Alcalde de Silleda
 
1987 - 1999
Sucesor:
José Fernández Viéitez

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En outubro de 2015, a Praza da Feira Vella da vila de Silleda pasou a denominarse Praza de Juan José Salgueiro Montouto[2]. En marzo de 2016, as Prazas da Feira e do Entroido da vila da Bandeira unificáronse nunha soa baixo o nome de Praza de Juan Salgueiro[3] e inaugurouse unha estatua a tamaño real do político a carón da capela da Bandeira, actos que coincidiron co cabodano do seu pasamento[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Juan_Salgueiro&oldid=4834019"