Juan de Jesús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan de Jesús
Venerable-fray-juan-de-jesus f.jpg
Nacementodecembro de 1615
 Icod de los Vinos
Falecemento6 de febreiro de 1687
 San Cristóbal de La Laguna
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Juan Hernández y Delgado, na relixión Juan de Jesús, nado en Icod de los Vinos, Tenerife, bautizado o 20 de decembro de 1615, e finado en San Cristóbal de La Laguna o 6 de febreiro de 1687, foi un frade franciscano e místico español.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Icod, no norte da illa de Tenerife. Bautizado na parroquia de San Marcos, recibiu o nome de Juan, coma o avó materno. Foi descendente do último mencey guanche de Daute, Diego de Baute, honrado polos Reis Católicos con brasón e herdanzas, quen testou declarándose "guanche e católico".[2] Aos dez anos traballou como aprendiz de toneleiro en Garachico.[1] O dono do negocio maltratou ao neno e nunha ocasión botouno ó lume: o neno perdeu a vista dun ollo. Aprendeu a ler e mudouse á cidade de Puerto de la Cruz, onde comezou a sentir fenómenos místicos, incluída unha famosa levitación que as crónicas din que foi vista por moitos residentes na cidade, sorprendidos polo feito.

En 1646, tomou o hábito franciscano e ingresou como irmán laico no convento de San Juan Baptista de Puerto de la Cruz, tomando o nome de Juan de Jesús. Fixo todo tipo de traballos, ata que foi trasladado ao convento de San Diego del Monte, preto da cidade de San Cristóbal de La Laguna. Alí gañou a fama de santidade pola súa humildade, caridade cara aos pobres e enfermos, a súa capacidade de oración e os fenómenos místicos que tiña (visións, etc.). Alí coñeceu a María de Jesús de León y Delgado, a que lle deu moitos consellos espirituais.[3] O 6 de febreiro de 1687, Frei Juan de Jesús morreu cunha gran reputación de santidade: tiña 71 anos e levaba tempo enfermo.

Foi enterrado na igrexa de San Diego do Monte, onde era venerado.[4] Na actualidade estase a procesar a beatificación.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Juan_de_Jesús&oldid=5265830"