Julián Pellón Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Julián Pellón Rodríguez, nado en Larouco o 17 de febreiro de 1816 e finado en París o 11 de abril de 1878, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato en Santiago de Compostela e trasladouse a Madrid onde fixo a carreira de enxeñeiro. En 1844 regresou a Compostela como axudante de enxeñeiros e en 1848 ascendeu a Enxeñeiro Xefe. Dedicouse ao ensino das ciencias físico-naturais aplicadas á agricultura e á industria e foi deputado no Congreso polos distritos de Xinzo de Limia e Valdeorras antes e despois da revolución de 1868. Tamén foi ministro do Tribunal de Contas de Filipinas. Colaborou no diario liberal La Discusión e en publicacións especializadas como El Genio Industrial (1857) e El Minero Español (1857-58). Publicou Memoria descriptiva de la colonia española de Fernando Poo y sus dependencias (1854).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Julián_Pellón_Rodríguez&oldid=3721565"