Julian Schwinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julian Schwinger
Nobel prize medal.svg
Schwinger.jpg
Julian Seymour Schwinger
Datos persoais
Nacemento21 de febreiro de 1918
LugarNova York
Falecemento16 de xullo de 1994 (76 anos)
LugarOs Ánxeles, Estados Unidos
Causacancro de páncreas
SoterradoMount Auburn Cemetery
NacionalidadeFlag of the United States.svg Estadounidense
Actividade
Campofísico teórico
Alma máterUniversidade da Cidade de Nova York
Director de teseIsidor Isaac Rabi
Alumnos de teseRoy Glauber
Ben R. Mottelson
Sheldon Lee Glashow
Walter Kohn
Bryce DeWitt
Daniel Kleitman
Sam Edwards
Gordon Baym
Alain Phares
Kenneth A. Johnson
Jack Ng
Contribucións e premios
Coñecido porElectrodinámica cuántica
PremiosPremio Nobel de Física en 1965
editar datos en Wikidata ]

Julian Seymour Schwinger, nado o 21 de febreiro de 1918 e finado o 16 de xullo de 1994, foi un físico teórico norteamericano. Formulou a teoría de renormalización e predixo o fenómeno dos pares electrón-positrón coñecido como o efecto Schwinger. Compartiu o Premio Nobel de Física en 1965 polo seu traballo na electrodinámica cuántica (QED), xunto con Richard Feynman e Shinichiro Tomonaga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Schwinger naceu en Nova York e estudou no City College of New York. Despois foi transferido á Universidade de Columbia, onde recibiu a súa B.A. (graduación) en 1936 e o seu Ph.D. (doutoramento, supervisado por Isidor Isaac Rabi) en 1939. Traballou na Universidade de California, Berkeley (con Robert Oppenheimer) pasando loga á Universidade de Purdue.

Durante a segunda guerra mundial Schwinger traballou no Laboratorio de Radiación do MIT, dando o soporte teórico para o desenvolvemento do radar. Intentou aplicar o seu coñecemento como físico nuclear ós problemas de enxeñaría do electromagnetismo, e chegou ós resultados da dispersión nuclear. De resultas, Schwinger comezou a aplicar o seu coñecemento da radiación á física cuántica.

Logo da guerra, Schwinger deixou Purdue pola Universidade Harvard, onde ensinou dende 1945 a 1972. Casou en 1947. Durante este tempo, desenvolveu o concepto de renormalización, que explicaba o Efecto Lamb no campo magnético do electrón. No seu estudo das partículas elementais,chegou á conclusión de que os neutrinos poden pertencer a múltiples variedades, asociadas cos tipos de leptóns como o electrón e o muón, o que foi verificado experimentalmente en anos recentes.

Tendo supervisado máis de setenta disertacións doutorais, Schwinger é coñecido como un dos máis prolíficos asesores en física. Catro dos seus estudantes gañaron o Premio Nobel: Roy J. Glauber, Ben Roy Mottelson, Sheldon Lee Glashow e Walter Kohn (este último en Química).

Na súa longa carreira, non conforme coa complexidade doutras explicacións dos experimentos con partículas elementais, Schwinger desenvolveu a teoría fonte. Schwinger deixou Harvard en 1972 por unha posición na Universidade de California, Los Ángeles onde continuou co seu traballo na source theory, ata a súa morte.

Schwinger e Feynman[editar | editar a fonte]

Como físico famoso, Schwinger foi comparado ocasionalmente con outro lendario físico da súa xeración, Richard Feynman. Schwinger fixo física dun xeito máis matemático, especialmente na Teoría cuántica de campos. Por contraste, Feynman foi máis intuitivo e o seu seguido diagrama de Feynman aproxímase a QFT. Schwinger discrepou cos diagramas de Feynman ata rexeitalos completamente nas súas clases.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Modelo de Schwinger
  • Ecuación de Schwinger-Dyson
  • Principio variacional de Schwinger
  • Acción de Rarita-Schwinger
  • Ecuación de Lippmann-Schwinger

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Julian_Schwinger&oldid=4986297"