Julio Martínez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Martínez González
Medalla de Galiza.svg
Nacemento1922
 Ourense
Falecemento5 de xullo de 2008
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Julio Martínez González, nado en Ourense en 1922 e falecido na mesma cidade o 5 de xullo de 2008, foi un empresario da hostelaría galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no mundo dos negocios abrindo un bar nunha céntrica rúa da cidade de Ourense, nos anos corenta. En 1951 abriu o restaurante que lle deu sona, o Restaurante Sanmiguel, na rúa homónima da cidade vella ourensá. O restaurante, que recibiu a medalla ao mérito turístico, a medalla da Ordre Mondiale des Gourmets Dégustateurs e a da Chaîne des Rotisseurs, segue aberto na actualidade.

Distincións[editar | editar a fonte]

Julio Martínez González recibiu a Medalla de bronce de Galicia en 1999.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Julio_Martínez_González&oldid=4781807"