Julio Rodríguez Yordi
Julio Rodríguez Yordi | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1894 |
A Coruña | |
Falecemento | 27 de setembro de 1967 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Julio Rodríguez Yordi, nado na Coruña o 7 de novembro de 1894 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1967,[1] foi un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi fillo do lexicógrafo Eladio Rodríguez González. Estudou a carreira de Comercio na Escola de Comercio da Coruña. Dedicouse á literatura e ó xornalismo e desenvolveu tamén unha labor empresarial.
Publicou as novelas Cristal y Sonrisa e La peña y la peña. Á súa morte publicáronse outras obras súas que estaban inéditas: Quenje en Conjo, Agenor, Haz de Ensayos, Rincón y esquina e Tren y andén, biografía y viografía. Colaborou asiduamente nos xornais El Orzán e El Noroeste.[2]
Foi académico numerario da Real Academia Galega dende o 6 de outubro de 1955[3].
En agosto de 2013 os seus fondos manuscritos foron doados á Real Academia Galega polo seu fillo[4].
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Luisa Durán Marquina.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece el escritor Rodríguez Yordi". ABC (en castelán). 29-9-1967.
- ↑ Biblioteca Municipal de Estudos Locais: Rodríguez Yordi, Julio
- ↑ Plenario da Real Academia Galega: Julio Rodríguez Yordi[Ligazón morta]
- ↑ A Real Academia Galega incorpora manuscritos do escritor Julio Rodríguez Yordi", artigo en Cultura Galega, 23 de agosto de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bugallal, Isabel: "Hacer un coruñés no es tan fácil" La Opinión Coruña, 24/10/2016 (en castelán).
|
|