Karapet Amatowni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Կարապետ Ամատունի
(Karapet Amatowni)
Bispo da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1900 en Angora
Pasamento14 de xaneiro de 1984
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de decembro de 1925
Consagración episcopal18 de decembro de 1960, por Gregorio Pedro XV Aghachanean
Exarca apostólico de Francia
1960 - 1971
SucesorNikogayos Keheayean
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Karapet Amatowni[1] (en armenio: Կարապետ Ամատունի), nado o 16 de febreiro de 1900 en Angora e finado o 14 de xaneiro de 1984, foi un bispo católico armenio, exarca apostólico de Francia entre 1960 e 1971.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karapet Amatowni naceu o 16 de febreiro de 1900 en Angora,[2]Imperio Otomán. O 8 de decembro de 1925 foi ordenado sacerdote.[2]

O 22 de xullo de 1960 foi nomeado exarca apostólico de Francia[2] e bispo titular de Amathus in Cypro. Recibiu a consagración episcopal o 18 de decembro,[2] de mans do patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XV Aghachanean.

O 15 de marzo de 1971 renunciou como exarca apostólico de Francia. Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 15 de setembro de 1973 foi nomeado membro consultor da mesma.[3] Finou o 14 de xaneiro de 1984.

Obra[editar | editar a fonte]

  • L'Eglise arménienne et la catholicité: Précis historique et oecuménique. Venecia: T.L.A. 1978. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Garabed Amadouni.
  2. 2,02,12,22,3 Annuario Pontificio per l’anno 1982 (en italiano). Cidade do Vaticano. 1982. p. 667. 
  3. Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(creación da sé)
 Exarca apostólico de Francia 
1960 - 1971
Sucesor:
Grigor Kaproyean
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Karapet_Amatowni&oldid=4982881"