Karas, Namibia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 26°34′00″S 8°08′00″L / -26.56667, -8.13333

Karas
ǁKaras
Karas Region (Rexión de Karas)
Namibia - Karas.svg
EstadoFlag of Namibia.svg Namibia
CapitalKeetmanshoop
 • Poboación18 900 hab.
Lingua oficialinglés
(Ademais, fálanse o alemán, o afrikaans e linguas locais)
Gobernador
Lucia Basson (SWAPO), desde 2015.[1]
 • Total161 324 km²
 • % augan/d
 • Total76 000 hab.
 • Densidade0,44 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC+2
Código ISOn/d
Dous exemplares de Aloidendron dichotomum.

Karas (en nama ǁKaras), é unha das catorce rexións de Namibia. A súa capital é a cidade de Keetmanshoop, e a cidade máis poboada é Lüderitz.

Karas considérase unha unidade económica, orgánico-administrativa e natural. A súa beleza paisaxística, a mestura de culturas e de tradicións, e unha economía floreciente e diversificada distingue a Karas das 13 rexións restantes do país.[2]

O nome oficial desta rexión, desde a independencia de Namibia en 1990, era Karas Region (Rexión da Karas). Nun esforzo para consolidar a ortografía, pasou a chamarse ǁKaras en agosto de 2013.[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

É a rexión situada máis ao sur de Namibia. Ten unha superficie de 161 235 km²,[4] o 20 % da superficie do país,[2] o que a converte na máis extensa.

En 2011 tiña 70 000 habitantes,[5] (menos do 5 % da total do país), polo que a densidade de poboación nese ano era de 0,5 hab./km².

O Índice de Desenvolvemento Humano da rexión en 2017 era de 0,687.[6]

"ǁKaras" é o nome en nama dunha especie áloe, a Aloidendron dichotomum (antigamente Aloe dichotomum), que crece en Namibia e Botsuana, e que é a planta máis coñecida do país, sendo o símbolo da rexión.[2]

Límites[editar | editar a fonte]

Karas limita ou norte coa rexión de Hardap, ao oeste co océano Atlántico e, debido á súa posición no sur de Namibia implica que comparte unha longa fronteira no sur e no leste coa provincia do Cabo Setentrional de Suráfrica.

Clima, hidrografía e producións agrícolas e gandeiras[editar | editar a fonte]

O clima de Karas é árido.

Os ríos máis importantes son o Orange, que forma a fronteira sur con Suráfrica, e o Fish, un afluente do Orange que discorre polo centro da rexión.

O clima fai que a rexión sexa o sitio ideal para varios cultivos de secaño, o máis importante é o de uva de mesa. En gandaría destaca a produción de carne de ovella, de cabra de vacún e de avestruz.

Idiomas[editar | editar a fonte]

A lingua oficial, como en todo o país, é o inglés. Na rexión as linguas máis faladas son, ademais do inglés, o nama, o alemá e o afrikaans.

Economía[editar | editar a fonte]

Karas é unha rexión con abundante riqueza natural, tanto no interior, como na súa zona costeira. Posúe as reservas máis grandes do mundo de diamantes aluviais.[2] Goza de estabilidade sociopolítica, baixa taxa de criminalidade e infraestruturas que dan acceso a mercados locais, rexionais e estranxeiros.

A rexión é predominantemente de pequenas granxas gandeiras, sobre todo de ovellas e cabras. Os animais de caza e as granxas irrigadas ao longo do río Orange e do encoro de Naute adquiriron considerábel importancia.

De grande importacia na rexión é a cidade portuaria de Lüderitz, con importantes descargas de peixe e, e factorías de procesado deste, e a súa industria de construción naval. A actividade pesqueira é a principal fonte de ingresos da cidade. É importante a pesca de lagosta e pescada. A maior parte das capturas destínanse á exportación. España é un dos principais destinos das exportacións pesqueiras. No que respecta á pesca e á súa transformación cómpre sinalar as instalacións da empresa NovaNam, filial da multinacional galega Nueva Pescanova,[7] que conta con dúas plantas de procesado en Namibia, a principal, NovaNam-Lüderitz, en Lüderitz,[8] onde traballan 1 800 operarios dedicados a elaboración dos produtos capturados pola frota pesqueira que a compañía posúe no país.[9] (A outra, NovaNam-Walvis Bay, está localizada en Walvis Bay, onde a empresa conta con 300 operarios.[9]

As zonas de diamantes ao longo da costa, con Oranjemund como centro principal, contan con empresas de extracción e mineiras na área dos montes Klein Karas e Rosh Pinah. Destaca tamén o campo de gas natural Kudu no océano Atlántico e as industrias a pequena escala en Luderitz e Keetmanshoop.

O potencial de crecemento económico da rexión é considerábel, pero necesita unha política de desenvolvemento xeral intensiva. É unha zona que xera importantes impostos para o goberno central, que predominantemente proceden da minaría do diamante.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A vía férrea principal e dúas estradas troncais principais dan acceso a Suráfrica. Keetmanshoop está considerada como "a capital do sur" e ten conexión directa por aire, ferrocarril e estradas con Windhoek. O seu aeroporto é de estándar internacional, apropiado polo tanto, para o tráfico aéreo internacional. O aeródromo de Kolmanskop, cerca de Lüderitz, é servido con regularidade por Air Namibia nos seus voos a Cidade do Cabo e Windhoek. Tamén existen instalacións para aterraxe ben desenvovidas en Oranjemund.

Turismo[editar | editar a fonte]

Canón do río Fish.

Polo seu territorio discorren os desertos do Namib e do Kalahari, que albergan especies animais e vexetais únicas no mundo. Estes desertos, cheos de riqueza natural, xunto co canón do río Fish, fixeron florecer o sector turístico, enfocándose no denominado "ecoturismo".[2] Ambos os desertos están moi protexidos no ámbito medioambiental.

Os mananciais termais de Ai-Ais, e no futuro probabelmente tamén de Warmbad, o bosque Kokerboom, cerca de Keetmanshoop, o canón do río Fish, que é o segundo máis grande do mundo, a montaña Brukaros (un antigo volcán), cerca de Berseba, a cidade costeira de Lüderitz e granxas para aloxamento e caza, son atraccións turísticas importantes, e a industria do turismo ten aínda potencial para unha maior expansión.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

  • Canón do río Fish
  • Bosque Quivertree
  • Parque de xigantes
  • Kolmanskop ("cidade fantasma")

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "President announces governors". The Namibian. 10 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 06 de agosto de 2019. 
  2. 2,02,12,22,32,4 Karas en Haras Tourism (en inglés).
  3. Nakale, Albertina (9 de agosto de 2013): "President divides Kavango into two". New Era. En allafrica.com (en inglés).
  4. "Namibia's Population by Region". Election Watch (Institute for Public Policy Research) (1): 3. 2013. 
  5. Smit, Nico (12 de abril de 2012). "Namibia’s population hits 2,1 million". The Namibian. 
  6. "Sub-national HDI - Area Database - Global Data Lab". hdi.globaldatalab.org (en inglés). 
  7. Elena Salgado ficha por Nueva Pescanova y entra en el consejo de administración. Europa Press, 09/02/2016.
  8. NovaNam, filial del grupo Nueva Pescanova en Namibia, cumple 27 años de historia
  9. 9,09,1 Un libro recoge el papel de NovaNam, filial del Grupo Nueva Pescanova, en el desarrollo de la industria pesquera en Namibia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Karas,_Namibia&oldid=5225967"