Katina Paxinou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Katina Paxinou
Katína Paxinoú in For Whom the Bell Tolls trailer.jpg
Paxinou no filme For Whom the Bell Tolls (1943)
Nome completoAikaterini Konstantopoulou
Nacemento17 de decembro de 1900
LugarO Pireo, Grecia
Falecemento22 de febreiro de 1973 (72 anos)
LugarAtenas, Grecia
Causacancro
SoterradoPrimeiro Cemitério de Atenas
NacionalidadeGrecia Grecia
Cónxuxe(s)Ioannis Paxinos (1917-1923)
Alexis Minotis (1940-1973)
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Aikaterini Konstantopoulou, nada no Pireo o 17 de decembro de 1900 e finada en Atenas o 22 de febreiro de 1973 foi unha actriz grega, coñecida como Katina Paxinou (grego: Κατίνα Παξινού).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paxinou estudou para cantante de ópera en Xenebra, Berlín e Viena. Comezou a súa carreira teatral en Grecia en 1920, sendo unha das fundadoras do Teatro Nacional Grego en 1932. O inicio da Segunda Guerra Mundial pillouna no Reino Unido, e logo marchou aos Estados Unidos, onde debutou no cinema en For Whom the Bell Tolls (1943), gañando ao Oscar á mellor actriz secundaria.

En 1951 foi a primeira actriz en interpretar a personaxe principal de La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca en inglés. A principios da década de 1950 volveu a Grecia, centrándose no teatro e no cinema europeo. Finou de cancro en 1973.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título
1943 For Whom the Bell Tolls
1943 Hostages
1945 Confidential Agen]
1947 Mourning Becomes Electra
1947 Uncle Silas
1949 Prince of Foxes
1955 Mr. Arkadin
1959 The Miracle
1960 Rocco e i suoi Fratelli
1961 Morte di un Bandito
1968 To Nisi tis Afroditis
1968 Tante Zita
1970 Un Été Sauvage
1970 The Martlet's Tale

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Katina_Paxinou&oldid=5234865"