Khilperico II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Khilperico II
Portrait Roy de france Chilperic II.jpg
Nacemento 670 e c. 673
  valor descoñecido
Falecemento 13 de febreiro de 721
  Nyon
Soterrado Noyon
Relixión Igrexa católica
Ocupación monarca
Pai Khilderico II
Nai Bilichild
Fillos Khilderico III
Irmáns Dagoberto
editar datos en Wikidata ]
Jean Dassier (1676-1763) - Chilpéric II roy de France (670-721).jpg
ver Khilperico II de Borgoña para o rei burgundio que reinou de 443 a 480.

Khilperico II, nado cara ao 672 e finado o 13 de febreiro de 721, chamado Daniel de neno, o fillo máis novo de Khilderico II, foi rei de Neustria desde o 715 e único rei dos francos desde o 718 ata a súa morte. Foi o derradeiro rei merovinxio que exerceu a súa autoridade en solitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De neno, foi levado subrepticiamente a un mosteiro para salvar a súa vida da guerra fratricida da súa familia. Alí, foi criado como Daniel ata a morte de Dagoberto III en 715, cando foi sacado do mosteiro - á idade de vinte e tres anos - proclamado rei subido ao escudo dos guerreiros neustrios, segundo o costume. Tomou como nome real o de Khilperico, aínda que debido á súa crianza no mosteiro, foi un home moi diferente a Khilperico I.

En primeiro lugar, parece que só foi un xoguete nas mans de Ragamfredo, o mordomo de palacio de Neustria, proclamado en 714 en oposición a Teudoaldo, o herdeiro designado de Pipino de Heristal. Khilperico, con todo, era tanto un loitador como un líder, sempre na primeira liña de batalla á cabeza das súas tropas. En 716, el e Ragamfredo guiaron un exército a Austrasia, daquela atacada por Plectrude, no nome do seu neto Teudoaldo, e Carlos Martel, o fillo bastardo de Pipino de Heristal. Os neustrios aliáronse con outra forza invasora ao mando de Radbod rei dos frisios e enfrontáronse a Carlos en batalla preto de Colonia, daquela en mans de Plectrude. Khilperico saíu vitorioso e Carlos fuxiu ás montañas de Eifel. O rei e o seu mordomo volveron para cercaren o seu outro rival na cidade. Plectrude recoñeceu a Khilperico como rei, entregou o tesouro de Austrasia, e abandonou a aspiración do seu fillo á mordomía.

Neste punto, os acontecementos volvéronse contra Khilperico. Cando el e máis Ragamfredo guiaban os seus soldados triunfantes de volta a Neustria, Carlos caeu sobre eles preto de Malmedy e, na Batalla de Amblève, Carlos derrotounos e eles fuxiron. Despois, Carlos Martel permaneceu virtualmente invicto e a forte vontade de Khilperico foi sometida nunha serie de campañas libradas no territorio de Neustria.

En 717, Carlos volveu a Neustria cun exército e confirmou a súa supremacía coa vitoria de Vincy, preto de Cambrai. Perseguiu ao rei e ao mordomo ata París antes de volver e ocuparse de Plectrude e Colonia. Tras este éxito, proclamou un tal Clotario IV rei de Austrasia en oposición a Khilperico. En 718, Khilperico, en resposta, aliouse con Odón o Grande, o duque de Aquitania que se volvera independente durante as contendas de 715, pero foi vencido novamente por Carlos, en Soissons. O rei fuxiu co seu aliado o duque ao país ao sur do río Loira e Ragamfredo fuxiu a Angers. Pronto morreu Clotario IV e Odón deuse por vencido na cuestión de Khilperico e, a cambio de recoñecer a súa soberanía sobre todos os francos, o rei rendeu o seu reino á mordomía de Carlos sobre todos os reinos (718).

En 719, foi subido oficialmente sobre o escudo como rei de todos os francos, pero só sobreviviu un ano e os seus sucesores foron meros rois fainéants (‘reis folgazáns’). Morreu en Attigny e foi soterrado en Noyon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Oman, C. (1914): The Dark Ages 476-918. Londres

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Khilperico_II&oldid=4718576"