Kirk Douglas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Kirk Douglas
Kirk Douglas02b.jpg
Douglas en 1978
Nome completo Issur Danielovich Demsky
Nacemento 9 de decembro de 1916 (101 anos)
Lugar Amsterdam, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Etnia Russian Americans e Pobo xudeu
Cónxuxe(s) Diana Dill (1943-1951)
Anne Buydens (1954-actualidade)
Fillos Michael Douglas, Peter Douglas, Eric Douglas e Joel Douglas
Profesión Actor
KirkDouglas.png
editar datos en Wikidata ]

Issur Danielovich Demsky, coñecido como Kirk Douglas, nado en Amsterdam, Nova York o 9 de decembro de 1916 é un actor e produtor de cine estadounidense de orixe belaruso. É o pai do actor e produtor Michael Douglas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran xudeus belarusos e o seu nome orixinal, Issur Danielovich Demsky. Dende cativo destacou nos deportes e nas lides actorais. Graduouse en Letras na Universidade de St. Lawrence. Logo de se graduar marchou a Nova York, onde conseguiu unha bolsa na Academia Americana de Arte Dramática, onde permaneceu ata 1939, con 23 anos.

En 1941, ingresa grazas a Lauren Bacall en Broadway, pero logo é chamado ó servizo militar na mariña, que cumpre en 1942 e 1943, para logo regresar a Broadway. En 1946, ós 30 anos e xa cunha certa fama colleitada en Broadway, Lewis Milestone propono como primeiro actor no filme The Strange Love of Martha Ivers, onde se revela como un actor de carácter.

En 1949, interpreta un boxeador en Champion de Mark Robson onde pola súa realista interpretación é proposto para ser recoñecido como Mellor Actor na Academia. Foi proposto en tres ocasións para un Óscar da Academia aínda que nunca o gañou. Porén foi galardoado en 1996 cun oscar honorífico pola súa dilatada carreira de 76 filmes.

Moitos filmes que interpretou son épicos pero o que máis o destaca é Spartacus de Stanley Kubrick xunto coa non menos maxistral actuación de Peter Ustinov.

A súa fama é comparable á de actores como Sir Laurence Olivier e Anthony Quinn, deu a cada un dos seus films unha marca distintiva onde a forza das súas actuacións daban a cada filme renome. Ademais codirixiu varias películas e sostivo un singular preito con Kubrick pola produción dalgunhas das súas películas o que lle restou forza en Hollywood.

Interveu tanto en comedias coma en dramas e representou personaxes duros pero de fondo moi vulnerable. Participou en numerosas producións para televisión e en 1988 publicou a súa autobiografía (The Ragman's Son).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • The Strange Love of Martha Ivers (1946)
  • Retorno ao pasado (1947)
  • Mourning Becomes Electra (1947)
  • I Walk Alone (1948)
  • The Walls of Jericho (1948)
  • My Dear Secretary (1949)
  • A Letter to Three Wives (1949)
  • Champion (1949)
  • Young Man with a Horn (1950)
  • The Glass Menagerie (1950)
  • Along the Great Divide (1951)
  • Ace in the Hole (1951)
  • Detective Story (1951)
  • The Big Trees (1952)
  • Río de sangue (1952)
  • The Bad and the Beautiful (1952)
  • The Story of Three Loves (1953)
  • The Juggler (1953)
  • Act of Love (1953)
  • 20,000 Leagues under the Sea (1954)
  • The Racers (1955)
  • Ulysses (1955)
  • Man Without a Star (1955)
  • The Indian Fighter (1955)
  • Van Gogh: Darkness Into Light (1956) (curtametraxe)
  • Lust for Life (1956)
  • Top Secret Affair (1957)
  • Gunfight at the O.K. Corral (1957)
  • Sendeiros de gloria (1957) (tamén produtor)
  • The Vikings (1958)
  • Last Train from Gun Hill (1959)
  • The Devil's Disciple (1959)
  • Premier Khrushchev in the USA (1959) (documental)
  • Strangers When We Meet (1960)
  • Spartacus (1960) (tamén produtor executivo)
  • Town Without Pity (1961)
  • The Last Sunset (1961)
  • Lonely Are the Brave (1962)
  • Two Weeks in Another Town (1962)
  • The Hook (1963)
  • The List of Adrian Messenger (1963)
  • For Love or Money (1963)
  • Seven Days in May (1964)
  • The Heroes of Telemark (1965)
  • In Harm's Way (1965)
  • Cast a Giant Shadow (1966)
  • Is Paris Burning? (1966)
  • The Way West (1967)
  • The War Wagon (1967)
  • Rowan & Martin at the Movies (1968) (short subject)
  • Once Upon a Wheel (1968) (documental)
  • A Lovely Way to Die (1968)
  • The Brotherhood (1968) (tamén produtor)
  • The Arrangement (1969)
  • There Was a Crooked Man... (1970)
  • To Catch a Spy (1971)
  • The Light at the Edge of the World (1971) (tamén produtor)
  • A Gunfight (1971)
  • The Master Touch (1972)
  • Scalawag (1973) (tamén director)
  • Jacqueline Susann's Once Is Not Enough (1975)
  • Os xusticieiros do oeste (1975) (tamén director e produtor)
  • Holocaust 2000 (1977)
  • The Fury (1978)
  • Home Movies (1979)
  • The Villain (1979)
  • Saturn 3 (1980)
  • The Final Countdown (1980)
  • The Man From Snowy River (1982)
  • Eddie Macon's Run (1983)
  • Tough Guys (1986)
  • Oscar (1991)
  • Welcome to Veraz (1991)
  • A Century of Cinema (1994) (documental)
  • Greedy (1994)
  • Diamonds (1999)
  • It Runs in the Family (2003)
  • Illusion (2004)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kirk_Douglas&oldid=4665327"