Léopold Sédar Senghor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Léopold Senghor")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Léopold Sédar Senghor
Léopold Sédar Senghor
Presidente do Senegal
Período6 de setembro de 1960 - 31 de decembro de 1980
Antecesor-
SucesorAbdou Diouf
Datos persoais
Nacemento9 de outubro de 1906
 Joal
Falecemento20 de decembro de 2001
 Verson, Normandía
OrganizaciónPartido Socialista do Senegal
CónxuxeColette Hubert
Alma máterFaculty of Arts of Paris, Escola Normal Superior de Paris e Lycée Louis-le-Grand
Profesiónescritor e político
RelixiónIgrexa católica
Senghorsig.jpg

Léopold Sédar Senghor, nado en Joal o 9 de outubro de 1906 e finado en Verson o 20 de decembro de 2001, foi un escritor, poeta e político senegalés. Foi o presidente de Senegal entre 1960 e 1980.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no liceo Louis-lle-Grand de París na década de 1930. Durante a súa época de estudante, creou xunto co martiniqueño Aimé Césaire e o guianés Léon Gontran Damas a revista L'Etudiant noir en 1934. Nesas páxinas expresará por primeira vez o seu concepto da négritude, noción introducida por Aimé Césaire nun texto titulado "Négrerie". Foi o primeiro profesor de raza negra que impartiu clases de lingua francesa en Francia.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi feito prisioneiro polos alemáns pero logrou a súa liberación no 1942. Despois da guerra, foi elixido deputado na Asemblea Nacional de Francia polo Senegal-Mauritania. Ocupou diversos cargos na política francesa e axudou na elaboración da constitución da Quinta República.

Coa independencia do Senegal converteuse no primeiro presidente do país. Tamén é o autor do seu himno nacional. No seu goberno o Senegal adoptou un sistema multipartidista (a pesar da limitación a tres partidos: socialista, comunista e liberal).

Foi tamén membro da Academia francesa desde o 2 de xuño de 1983 ata súa morte, e un defensor da Francofonía.

presidente do Senegal

Segue a:
-
Léopold Sédar Senghor
Precede a:
Abdou Diouf
Parti Socialiste du Sénégal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Léopold_Sédar_Senghor&oldid=4069007"