La Flaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "La Flaca (publicación)")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portada do nº 1

La Flaca: revista liberal e anticarlista, ou simplemente La Flaca, foi unha revista española de tipo satírico, de tendencia política republicana e federal,[1] publicada en Barcelona durante o Sexenio Democrático, momento no que a recentemente estreada liberdade de prensa permitiu este tipo de publicacións.

De periodicidade semanal e, normalmente, de catro páxinas editouse en Barcelona, en lingua castelá, entre o 27 de marzo de 1869 e o 3 de marzo de 1876 e a súa difusión chegou a ser internacional ao se vender en Francia, Italia e Ultramar. Atribúeselle ser a introductora da litografía a cor[2], de xeito habitual, na prensa española que empregaba nas caricaturas satíricas sobre a situación política do momento o que provocou que, dado o seu ideario liberal e anticarlista, sufrira varias suspensións e para evitalas seguiu sendo editadas baixo diferentes cabeceiras como La Carcajada[3]La RisotadaLa RisaEl LíoLa MadejaLa Madeja Política.


Foi considerada como a máis crítica e incisiva das revistas da súa época e entre os seus colaboradores destaca o seu principal caricaturista Tomás Padró i Pedret.[4]

Análise[editar | editar a fonte]

A denominación de La Flaca e da imaxe caricaturesca que se representa na primeira páxina, unha matrona escuchimizada con escudo e coroa de loureiro, acompañada dun león tamén escuálido, ironiza sobre a iconografía imposta durante o século XIX do emparellamento da matrona e o león, símbolos da alianza da monarquía e o pobo, querendo dar a entender que esta alianza quedou reducida á mínima expresión, é dicir, aos ósos.

Tamén se ten indicado que, co título, pretendía replicar a outra publicación, tamén de tipo satírico, pero de ideoloxía falsamente liberal e carlista, La Gorda (1868-1870) publicada en Madrid, pois era así como se denominaba coloquialmente a Isabel II.

Nas catro páxinas incluía na primeira e na última ilustracións a cor de tipo caricaturesco sobre as circunstancias políticas do momento, aparecendo os principais dirixentes políticos como Prim, Serrano ou Topete[3]; é dicir, a nova casta política empoleirada pola "Gloriosa", aos que criticaba polas escasas reformas que se levaban a cabo e que estaban a levar a España (representada como unha muller famélica "fraca") ao desastre.[1]

Era furibundamente antimonárquica, anticlerical e antigubernativa, especialmente criticaba a Prim por traer, de novo, a monarquía a España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Para evitar a censura, foi mudando de cabeceiras segundo a necesidade até distinguir 5 etapas:[4]

Etapas e cabeceiras relacionadas con La Flaca
Etapa Nome da cabeceira Números Principia Finaliza Observacións
La Flaca 1-100 27 de marzo de 1869 3 de setembro de 1871 Co nº 100 suspéndese por primeira vez a publicación, polo que comezará a mudar de nome de

cabeceira.

La Carcajada 1-37 17 de xaneiro de 1872 31 de outubro de 1872 O nº 17 e o 19 son censurados e retirados ao que respostan dende a revista con novas cabeceiras

para os remprazar: La Risotada (2 números: o 1 e o 6 de xuño de 1872) e La Risa (1 número, o 15

de xuño de 1872).

La Flaca 38-84 7 de novembro de 1872 4 de outubro de 1873 Son 47 números que continúan coa numeración da anterior revista La Carcajada.
La Madeja Política 1-50 1 de novembro de 1873 19 de decembro de 1874 Os números do 15 ao 21 son substituídos por El Lío (publicará 7 números, do 7 de febreiro até o18

de abril de 1874). Reanúdase a numeración de La Madeja Política no n º 22.

La Madeja 1-22 2 de xaneiro de 1875 2 de marzo de 1876

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Almuiña (2015); p. 34
  2. "La representación gráfica de España en la publicación republicana La Flaca, por Ainhoa Gilarranz Ibañez". Consultado o 20-03-2017. 
  3. 3,03,1 San Juan, Jose Bernardo; Cuquerella Jiménez-Díaz, Ana; Gutiérrez Palacio, Javier; Mera Fernández, Montserrat; Vela Valldecabres, Daniel (2009). De Azorín a Umbral: Un siglo de periodismo literario español. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. p. 63. ISBN 978-84-9745-221-2. 
  4. 4,04,1 "Flaca, La (Barcelona, 1869-1873)". ARCA. Consultado o 30-01-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Almuíña, Celso (2015). Laguna Platero, Antonio; Reig Cruañes, Pepe, eds. La prensa satírica como instrumento de crítica política durante el siglo XIX. En: El humor en la historia de la comunicación en Europa y América. Col. Estudios. Nº 146 (Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha). pp. 33–34. ISBN 978-84-9044-131-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_Flaca&oldid=5113745"