La Ilustración Española y Americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Ilustración Española y Americana (2 de xaneiro de 1870, ano XIV, núm. 2.

La Ilustración Española y Americana foi unha publicación periódica madrileña da segunda metade do século XIX (1869) e principios do século XX (1921), que mesturaba noticias de divulgación científica e literaria e artística[1].

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi continuadora de El Museo Universal, editada entre 1857 e 1869. A revista seguía o modelo de prestixiosas publicacións europeas como as francesas L'Illustration ou Le Monde Illustré, Illustrierte Zeitung de Alemaña ou a italiana La Illustrazione Italiana.

Na súa cabeceira presentábase como Periódico de ciencias, artes, literatura, industria y conocimientos útiles. Foi fundada en 1869 en Madrid por Abelardo de Carlos, que foi o seu director ata 1881, e despois polo seu fillo Abelardo José de Carlos Hierro. Antonio Garrido Villazán tamén foi o seu director.

Como indica o seu nome a revista caracterizábase pola profusión das súas ilustracións que representaban gran cantidade de aspectos da vida cotiá de España e dos países hispanoamericanos onde tamén tiña difusión a publicación.

Entre os artistas que traballaron para esta publicación podemos encontrar a Enrique Simonet, Juan Comba, José Luis Pellicer, Valeriano Domínguez Bécquer, Francisco Ortego, Eduardo Sánchez Solá etc. ou escritores sobresaíntes como José Zorrilla, Ramón de Campoamor, Juan Valera, Leopoldo Alas, Emilio Castelar, Valle-Inclán, Unamuno[2] e outros como Ángel Fernández de los Ríos, Peregrín García Cadena, Manuel Cañete, José Velarde, Miguel Rodríguez Ferrer, Patrocinio de Biedma ou Francisca Sarasate, entre outros.

A publicación aparecía semanalmente, os días 8, 15, 22 e 30 de cada mes. Desapareceu en 1921.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. San Juan, José Bernardo; Cuquerella Jiménez-Díaz, Ana; Gutiérrez Palacio, Javier; Mera Fernández, Montserrat (2009). De Azorín a Umbral: Un siglo de periodismo literario español. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. p. 66. ISBN 978-84-9745-221-2. 
  2. D. Abelardo de Carlos y La Ilustración Española y Americana Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine.(PDF)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_Ilustración_Española_y_Americana&oldid=4860814"