La Tertulia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Tertulia foi un periódico editado en Ourense en 1883.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de la Sociedad de este nombre, apareceu en marzo de 1883[1]. Revista semanal con colaboracións literarias e información xeral. Foi o seu director e responsable Luciano Cid Hermida, e en decembro pasou a dirixilo Alberto García Ferreiro[2]. Entre os seus colaboradores figuraban Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé, Juan Manuel Paz Novoa, Jesús Muruais, Alfredo Vicenti, Benito Fernández Alonso, Juan Neira Cancela, Benito Fernández Alonso e Ramón Quesada Borrajo. Cesou a súa publicación a finais de 1883.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Diario de Lugo, 13-3-1883, p. 2.
  2. El Diario de Lugo, 13-12-1883, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_Tertulia&oldid=4296017"