La Unión Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Unión Nacional foi un xornal editado en Pontevedra entre 1900 e 1901.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de Pontevedra, apareceu o 2 de abril de 1900. Dirixido por Juan Manuel Rodríguez de Cea[1]. Portavoz do movemento republicano de Pontevedra, o seu administrador era Joaquín Poza Cobas. Foi o seu redactor Severino Pérez Vázquez e entre os seus colaboradores figurou Adolfo Lahorra. Cesou a súa publicación non antes de marzo de 1901.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en La Correspondencia Gallega, 3-4-1900, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_Unión_Nacional&oldid=4463887"