La Voz de la Verdad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

La Voz de la Verdad
Tipo Diario
Cor Branco e negro
Propietario Editorial Católica Lucense (dende 1921), Luís Sánchez Arrieta (dende 1930)
Fundador Junta Local de Acción Social Católica
Lingua español.
Localidade Lugo

La Voz de la Verdad foi un xornal editado en Lugo entre 1910 e 1937.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 3 de outubro de 1910[1] co subtítulo de Diario católico con censura eclesiástica, que cambiou por Diario católico antiliberal, e logo polo de Diario católico y antiliberal e a partir de 1920 cualifícase exclusivamente como Diario Católico.[1] De tendencia católica, xorde por iniciativa das Damas de la Buena Prensa e co apoio de Acción Social Católica, organismo do que se fai portavoz.

En 1921 foi adquirido pola Editorial Católica Lucense e publicouse baixo censura eclesiástica, como toda a prensa confesional. En 1930 mercárono particulares aída que posteriormente quedou como único propietario e director Luis Sánchez Arrieta.[2]. A maioría das novas que aparecen no xornal proceden da Agencia Católica de Prensa Asociada. Segue unha tradición antiliberal e tradicionalista e na II República, acabou converténdose no voceiro da CEDA.[3]

Foron os seus directores: Eugenio Zabala, Antonio Cedrón Grandas, Julio Pérez de Guerra, Ramón Robles Neira, Antonio Goyanes Pérez, Alfredo Lorenzo López, Jesús Cora Lira, Francisco Vázquez Saco, Luís Sánchez Arrieta, Fernando Pérez Barreiro e o derradeiro Xosé Trapero Pardo. Entre os seus redactores contouse Ramón Salgado Toimil.

Cesou a súa publicación o 15 de xaneiro de 1937 polas dificultades económicas derivadas da guerra civil, ao non poder conseguir papel para continuar coa publicación.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Teijeira (1997); p. 113
  2. 2,02,1 Teijeira (1997); p. 114
  3. Teijeira (1997), p. 117

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Edicións do Castro. ISBN 84-7492-489-8. 
  • Teijeira, Mari Paz; de la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servicio de Pubilcaciones de la Diputación de Lugo. ISBN 84-8192-110-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_Voz_de_la_Verdad&oldid=4751378"