La saga/fuga de J. B.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

La saga/fuga de J.B.
Autor/a Gonzalo Torrente Ballester
Lingua castelán
Xénero(s) Novela
Editorial Ediciones Destino
Data de pub. 1972
Páxinas 585

La saga/fuga de J. B. é unha novela de Gonzalo Torrente Ballester, publicada en 1972 pola editorial Destino. Obtivo os premios Ciudad de Barcelona e o Premio da Crítica de narrativa castelá.

Trama[editar | editar a fonte]

A obra conta a historia da vila de Castroforte del Baralla, unha cidade galega, capital dunha quinta provincia silenciada polo aparello burócrata do estado. José Bastida é un profesor que chega á vila a mediados do século XX, e conta a crónica da comunidade social desde a Idade Media, construída a través de paralelismos entre personaxes ao longo da historia.

A cidade, fundada como colonia a comezos da era actual, comezou a acadar importancia na época do bispo Jerónimo Bermúdez (alter ego de Diego Xelmírez), que promove a construción dunha basílica para a veneración do Corpo Santo. A partir de aí vaise construíndo a súa mitificación en base a un paralelismo entre a sociedade de diversas épocas.

Narración[editar | editar a fonte]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • José Bastida é un antiheroe. Profesor de gramática represaliado. Alter ego do profesor ferrolán Manuel Masdías, amigo de Torrente.
  • Don Torcuato del Río. Galeguista erudito. Personaxe baseado na figura de Manuel Murguía.
  • Coralina Soto. Alter ego de Carolina Otero.

Espazo[editar | editar a fonte]

Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.

A cidade de Castroforte del Baralla é unha vila galega. Ten bastantes elementos de Pontevedra (personaxes e lugares), pero sen estar representada completamente, pois é unha ambientación mitificada. Así, aparecen reflectidos os irmáns Andrés e Jesús Muruais, a Basílica de Santa María a Maior.

Acollida[editar | editar a fonte]

O censor que informou sobre a súa publicación dixo da obra:

«De todos los disparates que el lector que suscribe ha leído en este mundo, éste es el peor. Totalmente imposible de entender, la acción pasa en un pueblo imaginario, Castroforte del Baralla, donde hay lampreas, un cuerpo Santo que apareció en el agua, y una serie de locos que dicen muchos disparates. De cuando en cuando, alguna cosa sexual, casi siempre tan disparatada como el resto, y alguna palabrota para seguir la actual corriente literaria.
Este libro no merece ni la denegación ni la aprobación. La denegación no encontraría justificación, y la aprobación sería demasiado honor para tanto cretinismo e insensatez. Se propone se aplique el SILENCIO ADMINISTRATIVO.»

Edicións[editar | editar a fonte]

O libro apareceu por vez primeira en abril de 1972, da man de Ediciones Destino (nº 388 da colección Áncora y Delfín). En 2011 publicouse unha edición crítica a cargo de Carmen Becerra Suárez e Antonio Jesús Gil González. Foi traducida ao francés por Claude Bleton en 1991, co título de La saga/fuga de J. B.. En 1992 apareceu a tradución ao portugués de Cristina Rodríguez e Artur Guerra, co título de A saga/fuga de J. B..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ponte Far, J. A. (2000): Pontevedra en la Vida y Obra de Gonzalo Torrente Ballester. Pontevedra: Caixanova.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_saga/fuga_de_J._B.&oldid=4458460"