Laboratorios nacionais do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os laboratorios e centros técnolóxicos do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos son un sistema de instalacións e laboratorios supervisados polo Departamento de Enerxía dos Estados Unidos (DOE) para a investigación científica e tecnolóxica. Uns 16 dos 17 laboratorios nacionais reciben fondos fecerais e están administrados e operados por organizacións privadas baixo contrato co DOE.

Este sistema de laboratorios nacionais centralizados xurdiu a partir das investigacións e descubrimentos científicos levados a cabo durante a segunda guerra mundial, na que as novas tecnoloxías descubertas como o radar, o ordenador, a espoleta de proximidade e a bomba atómica resultaron ser decisivas para a vitoria dos Aliados. Durante os anos 1930 e 1940 o goberno estadounidense destinou grandes cantidades de recursos para as investigacións científicas relacionadas coa guerra, baixo o auspicio primeiro do Comité Nacional de Defensa e posteriormente da Oficina de Investigación Científica e Desenvolvemento, organizadas e administradas por Vannevar Bush.

Laboratorios nacionais[editar | editar a fonte]

Mapa dos 17 laboratorios nacionais no ano 2014
  • Laboratorio Nacional da Enerxía e Tecnoloxía**
en Pittsburgh, Pensilvania (1910)
en Morgantown, Virxinia occidental (1946)
en Sugar Land, Texas (2000)
en Fairbanks, Alasca (2001)
en Albany, Oregón (2005)
  • Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley* en Berkeley, California (1931)
  • Laboratorio Nacional de Los Álamos* en Los Álamos, Novo México (1943)
  • Laboratorio Nacional de Oak Ridge* en Oak Ridge, Tennessee (1943)
  • Laboratorio Nacional Argonne* en DuPage County, Illinois (1946)
  • Laboratorio Ames* en Ames, Iowa (1947)
  • Laboratorio Nacional Brookhaven* en Upton, Nova York (1947)
  • Laboratorios Nacionais Sandia* en Albuquerque, Novo México e Livermore, California (1948)
  • Laboratorio Nacional de Idaho* entre Arco e Idaho Falls, Idaho (1949)
  • Laboratorio de Física e Plasma de Princeton* en Princeton, Nova Jersey (1951)
  • Laboratorio Nacional Lawrence de Livermore* en Livermore, California (1952)
  • Laboratorio Nacional Savannah River* en Aiken, South Carolina (1952)
  • Laboratorio Nacional do Acelerador SLAC* en Menlo Park, California (1962)
  • Laboratorio Nacional do Pacífico Noroeste* en Richland, Washington (1965)
  • Laboratorio Nacional do Acelerador Fermi* en Batavia, Illinois (1967)
  • Laboratorio Nacional de Enerxía Renovable* en Golden, Colorado (1977)
  • Instalación Nacional do Acelerador Thomas Jefferson* en Newport News, Virxinia (1984)

Centros tecnolóxicos[editar | editar a fonte]

  • Laboratorio de Enerxía Atómica Bettis* en West Mifflin, Pensilvania (1949)
  • Laboratorio de Enerxía Atómica Knolls* en Niskayuna, Nova York (1946)
A maiores Knolls opera o sitio Kenneth A. Kesselring en Milton, Nova York
  • Laboratorio New Brunswick** no Laboratorio Nacional Argonne
  • Instituto para a Ciencia e a Educación de Oak Ridge* en Oak Ridge, Tennessee
  • Laboratorio de Ciencias Medioambientais e Radiolóxicas**
  • Laboratorio Ecolóxico Savannah River*

* Pertencente ó goberno, operada por institución privada

** Pertencente ó goberno, operada polo goberno

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Laboratorios_nacionais_do_Departamento_de_Enerxía_dos_Estados_Unidos&oldid=4886308"