Las Riberas del Eo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Las Riberas del Eo foi un periódico editado en Ribadeo entre 1881 e 1971.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico semanal de intereses generales, noticias y anuncios, apareceu o 3 de xaneiro de 1881, sucedendo ao bisemanario El Eo. A partir de 1894 cambiou o seu subtítulo por Periódico de información galaico-asturiana. Decano de la prensa provincial e posteriormente por Periódico Semanal Defensor de los Intereses Morales y Materiales de la Zona Oriental de Galicia y Occidental de Asturias. O seu fundador, propietario e director foi José María Páez Cancio ata o seu falecemento en 1916. Despois dirixiuno Antonio Pérez Martínez e a partir de 1921 José María Puebla Pumariño que tamén era o seu impresor, redactor e vendedor. Incluíu noticias locais, traballos históricos e colaboracións de destacados personaxes da vila, ademais de artigos dos seus correspondentes en Buenos Aires e na Habana. A partir da guerra civil, tivo que adaptarse ás novas circunstancias políticas, polo que eliminou as colaboracións en galego. Entre os seus colaboradores figurou Federico Mediante Noceda. Cesou a súa publicación o 30 de xaneiro de 1971.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. p. 602. ISBN 84-7492-489-8. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Las_Riberas_del_Eo&oldid=4460718"