Laureano Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Laureano Prieto Rodríguez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laureano Prieto
Nacemento9 de setembro de 1907
 Carracedo da Serra, A Gudiña
Falecemento23 de xullo de 1977
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e etnógrafo
editar datos en Wikidata ]

Laureano Prieto Rodríguez, nado en Carracedo da Serra (A Gudiña) o 9 de setembro de 1907 e finado en Ourense[1] o 23 de xullo de 1977, foi un mestre que se especializou na etnografía galega, particularmente a relacionada coa comarca de Viana (Ourense).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Prieto e Adelina Rodríguez, estudou as primeiras letras co párroco de Carracedo para continuar despois os estudos en Viana e Verín e o bacharelato no instituto de Ourense. Emigrou a Cuba, onde xa estaban traballando o seu pai e máis o seu irmán Enrique, aínda que regresou pronto a Galicia para estudar Maxisterio. Alí foi onde coñeceu a Vicente Risco, con quen comezou a interesarse polos costumes e tradicións galegas. Foi mestre en Bembibre (Viana), en Pentes (A Gudiña) e na propia Gudiña. Pasou logo a ser mestre de Oleiros (Silleda) para regresar a Ourense, onde se xubilou.

Casou dúas veces, con Elena e con Carmen, e tivo unha filla, María Elena.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Á par do seu traballo como mestre dedicouse á investigación etnográfica e recollida de léxico e tradicións propias da Gudiña e Viana, publicando numerosos traballos en distintas revistas especializadas, como o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense ou o Boletín Avriense, tanto galegas como portuguesas. Igualmente colaborou intensamente con Risco, Cuevillas, Taboada Chivite, Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo. Formou parte do grupo Marcelo Macías, creado por Ferro Couselo en 1970.

Tamén colaborou con distintas institucións, como por exemplo o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Participou, con Ferro Couselo, nas escavacións do Castro de Santa Ádega (en Vilamarín, Ourense), en 1963.

A seguir, algúns dos traballos publicados:

  • "Antiguas minas del río Camba", en Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense, 1946.
  • "Juegos infantiles (Tierra de La Gudiña)", en BCMO, 1947.
  • "Cuentos de animales" en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares", 1948.
  • "Notas etnográficas sobre animales domésticos y salvajes de La Gudiña", en Douro Litoral, 1949.
  • "As adiviñas na terra da Gudiña (Ourense) e no concelho de Vinhais (Tras-os-Montes)", en DL, 1949.
  • "A cantiga na Gudiña", en DL, 1950 e 1951.
  • "La zooantropía en Galicia", en Zephirus, 1953.
  • "Astrología y meteorología popular", en BCMO, 1957-1958.
  • Contos vianeses, Galaxia 1958.
  • Contos pra nenos, Galaxia 1968.
  • "A meiguería negra en terras de Viana do Bolo", en Boletín Avriense, 1971.
  • "Notas encol da fala vianesa", en BA 1973.
  • "Contos de cregos na terra de Viana", en BA 1978.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Laureano Prieto Rodríguez | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 2018-07-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Álvarez Pousa, Concepción (2018). "Laureano Prieto, mestre da vida e da cultura popular da Terra vianesa". A Trabe de ouro (107): 43–66. 
  • "Homenaxe a Laureano Prieto Rodríguez", en Boletín Avriense, VIII, 1978.
  • "A Gudiña, historia, arte e natureza", en Guía do Concello da Gudiña, 2000.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Laureano_Prieto&oldid=5010830"