Lawrence Durrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lawrence Durrell
Lawrence Durrell.png
Nacemento27 de febreiro de 1912
 Jalandhar
Falecemento8 de novembro de 1990
 Sommières
CausaIctus
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Alma máterPancyprian Gymnasium e St Olave's and St Saviour's Grammar School
Ocupaciónbiógrafo, poeta, dramaturgo, novelista e autobiógrafo
PaiLawrence Samuel Durrell
NaiLouisa Durrell
IrmánsGerald Durrell e Margaret Durrell
Coñecido/a porQuarteto de Alexandria
PremiosJames Tait Black Memorial Prize, Cholmondeley Award e Fellow of the Royal Society of Literature
editar datos en Wikidata ]

Lawrence Durrell, nado en Jalandhar (na India, daquela colonia británica) o 27 de febreiro de 1912 e finado en Sommières (Francia) o 7 de novembro de 1990, foi un escritor británico, irmán do tamén escritor e zoólogo Gerald Durrell.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer como poeta e novelista na década dos trinta e obtivo o primeiro grande éxito de crítica con The Black Book, escrito en París en 1938. Así a todo, foi The Alexandria Quartet, tetraloxía composta por Justine (1957), Balthazar (1958), Mountolive (1958) e Clea (1960), a obra que o converteu nun clásico do noso tempo, debido en boa medida á súa exploración das posibilidades da linguaxe narrativa, e que provocou entusiastas comparacións do autor con Proust e Faulkner. Como boa parte da súa narrativa, procede da súa experiencia persoal como diplomático en Grecia, Iugoslavia, Chipre e Exipto e caracterízase pola experimentación formal en canto ao tratamento do tempo e o espazo. The Revolt of Aphrodite está composto por Tunc (1968) e Nunquam (1970). The Avignon Quintet fórmano Monsieur (1974), Livia (1978), Constance (1982), Sebastian (1983) e Quinx (1985).

É autor tamén de poesía (Poemas completos, 1931-1974) e de varias obras a medio camiño entre o ensaio e o libro de viaxes.


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lawrence_Durrell&oldid=5187683"