Lei Constitutiva das Cortes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
COA Spain 1945 1977.svg

A Lei Constitutiva das Cortes ou simplemente Lei de Cortes de 17 de xullo de 1942 foi promulgada durante a primeira etapa do réxime franquista, a fin de dar unha aparencia de parlamentarismo á ditadura.

Establecía a formación dunha asemblea unicameral de elección indirecta con teórica iniciativa legal, aínda que esta residía na figura de Franco desde o momento da promulgación da Lei de agosto de 1939, que lle atribuía a capacidade de ditar normas sen ningún tipo de condicionante.

Xunto coas outras sete leis fundamentais do réxime conseguiuse que o proceso de institucionalización do réxime franquista chegase ao seu fin.

Segundo a Lei das Cortes, estas eran o órgano de participación do pobo español nas tarefas do Estado. A súa función era elaborar e preparar as Leis, sen prexuízo da sanción que correspondía ao xefe do Estado, Francisco Franco. Eran procuradores en Cortes:

  • Os ministros.
  • Os Conselleiros Nacionais de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.
  • Os presidentes de altos organismos.
  • A Organización sindical.
  • Os representantes da familia, elixidos polos cabezas de familia, desde a promulgación da Lei Orgánica do Estado de 1967.
  • Os reitores de universidades.
  • Os presidentes de determinadas institucións culturais.
  • Os presidentes de asociacións e colexios profesionais.
  • Os que fosen designados polo xefe do Estado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lei_Constitutiva_das_Cortes&oldid=4880867"