Lei de uso e ensinanza do valenciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Distribución dos municipios de predomino lingüístico oficial valenciano (verde escuro) e castelán (verde claro), segundo a Lei de uso e ensinanza do valenciano

A Lei de uso e ensinanza do valenciano (Lei 4/1983, de 23 de novembro, de uso e ensinanza do valenciano) é unha lei en vigor, publicada o 23 de novembro de 1983, promovida polo entón goberno socialista da Generalitat Valenciana, presidido por Joan Lerma, e aprobada polas Cortes, regulando os dereitos dos cidadáns a utilizar a valenciano e a obriga das institucións a facer que estes dereitos se cumpran.

Ao existir zonas consideradas como tradicionalmente de fala castelán, existen municipios e comarcas de predominio lingüístico oficial valenciano e municipios e comarcas de predominio lingüístico castelán. O Título V da lei inclúe unha lista dos municipios de cada predominio. O preámbulo da lei estabelece que para a confección da listaxe se utilizaron os mapas e relacións determinados polo Instituto de Filoloxía Valenciana da Universitat de València e da Universitat de Alacant, sen precisar as referencias de ditos traballos nin os criterios utilizados polas universidades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lei_de_uso_e_ensinanza_do_valenciano&oldid=5048269"