Levoxiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Levoxira")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Dise que un xiro é levoxiro (do latín laevus, 'esquerda', e gȳrus, 'xiro') cando se efectúa cara á esquerda, é dicir, no sentido contrario ao das setas ou agullas do reloxo, en contraposición ao sentido dextroxiro. O concepto tamén se coñece como levorrotatorio e pódese usar nos seguentes contextos:

  • En química, cualifícase así á substancia que ten a propiedade de facer xirar o plano da luz polarizada cara á esquerda, en contraposición ás substancias dextroxiras. Véxase Isomería, enantiómero e quiralidade.
  • En bioquímica, isómero óptico cuxo carbono asimétrico se encontra desprazado cara á dereita, e é a imaxe especular do mesmo isómero levoxiro.
  • En matemáticas, o sistema de referencia que cumpre a regra da man esquerda.
  • En bioloxía,
    • en zooloxía, o sentido de xiro do remuíño do pelo cando os cabelos están colocados no sentido contrario ao das agullas do reloxo.
    • en botánica refírese á dirección do movemento (por exeplo, dun caule volúbel) da esquerda para a dereita, contrario ao das agullas do reloxo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Levoxiro&oldid=4169652"