Libreville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 0°23′24″N 8°46′25.32″L / 0.39000, -8.7737000

Libreville
Armoiries de la ville de Libreville.jpg
Libreville.jpg
Vista aérea da cidade
Localización
Libreville en Gabón
Libreville
Libreville
PaísGabón Gabón 
ProvinciaEstuaire
Distrito CapitalLibreville
Xeografía
Altitude0 msnm
Demografía
Poboación578.156 hab. (2005)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeRose Christiane Ossouka Raponda (PDG)
Páxina Oficial de Libreville

Libreville é a capital do Gabón e o principal centro urbano do país. A súa poboación calculábase nuns 578.156 habitantes (2005). E tamén a capital do distrito do Estuaire.

A cidade é un porto á beira do río Gabón, na súa desembocadura no golfo da Guinea.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima de Libreville é de tipo ecuatorial. A temperatura media anual é de 26 °C (a oscilación das maiores está entre 26 e 30 °C, mentres as máis baixas móvense entre os 22 e os 24 °C), e as precipitación alcanzan os 2.509,5 mm como media. A temporada seca comeza en maio e finda en setembro. O mes máis chuvioso é novembro con 373,4 mm, e o máis seco xullo cun 2,5 mm, como media.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada no ano 1843 como posto avanzado comercial nunha zona área naquela altura próxima dos Mpongwè. Os escravos liberados eran enviados á nacente cidade, polo que en 1848 a foi nomeada Libreville (en francés cidade libre).

Entre 1934 e 1946 foi o porto principal da África Ecuatorial Francesa.

Economía[editar | editar a fonte]

Libreville é un dos máis importantes centros do comercio de madeira (okumé especialmente) da África central. A zona industrial e portuaria atópase na periferia sur da cidade, no concello de Owendo. Acolle infraestruturas para minerais, portuarias e industriais. O porto de minerais exporta a produción de manganeso do Alto-Ogooué (Haut-Ogooué), que chegan a través do ferrocarril do Transgabonais. Para alén dos servizos centrais do Estado, a capital gabonesa agrupa numerosas actividades terciarias. En Mont-Bouët áchase o maior mercado do país con centenares de tendas de venda ao detall. Hai aínda dous grandes hipermercados, un denominado Mbolo ("bo día" nalgunhas linguas indíxenas) e o xigante Ceca.

Institucións educativas[editar | editar a fonte]

A Universidade Omar Bongo é o centro educativo superior máis importante do país. Libreville é tamén a sede da Escola de Administración e da Escola de Leis do Gabón.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Nas súas proximidades sitúase o Aeroporto internacional de Libreville, que acolle a sede da compañía aérea do país: Air Gabon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Libreville&oldid=5149765"