Libro de Leinster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Folio 53 do Libro de Leinster. Conservado no Trinity College de Dublín.

O Libro de Leinster (en irlandés Lebor Laignech), é un manuscrito medieval irlandés completado arredor do ano 1160 e conservado no Trinity College de Dublín. Anteriormente foi coñecido como Lebor na Nuachongbála "Libro de Nuachongbáil", un lugar monástico coñecido hoxe como Oughaval.

Algúns fragmentos do libro, como o Martiroloxio de Tallaght, están na colección do University College Dublin.[1]

Data e orixes[editar | editar a fonte]

A redacción do manuscrito realizouse por parte de máis de un redactor, tal como se pode comprobar no texto do mesmo no que aparecen distintas caligrafías. O compilador principal foi probablemente Áed Ua Crimthainn,[2][3] quen foi abade do mosteiro de Tír-Dá-Glas en Shannon, hoxe Terryglass (Condado de Tipperary), e o último abade dese mosteiro do que se teñen rexistros.[3] Probas internas do manuscrito dan testemuña do envolvemento de Áed. A súa sinatura pode lerse en f. 32r:

Aed mac meic Crimthaind ro scrib in leborso ra thinoil a llebraib imdaib "Áed Húa Crimthaind escribiu este libro e recompilouno de moitos outros."

Nunha carta copiada posteriormente por outro escritor nunha marxe inferior, o bispo de Kildare, Finn mac Gormáin (m. 1160), se refire a el como un home de ensinanzas (fer léiginn) do alto-rei de Leth Moga, o coarb[4] de Colum mac Crimthainn, e xefe de estudos (prímsenchaid) de Leinster. Unha teoría alternativa suxerida por Eugene O'Curry, propón que Finn mac Gormáin transcribiu ou recompilou o Libro de Leinster para Áed.[3]

O manuscrito foi producido por Aéd e algún dos seus pupilos durante un longo período de tempo entre os anos 1151 e 1224.[3] Dos anais recollidos no manuscrito, poderíase dicir que foi escrito entre o 1151 e 1201, coa maior parte do traballo rematada arredor da década de 1160. Como Terryglass foi queimado no ano 1164, o manuscrito debeu ser rematado en outro scriptorium.[3] Entre os lugares suxeridos están Stradbally (Co. Loais) e Clonenagh (Co. Laois), fogar de Uí Chrimthainn.[3]

Eugene O'Curry suxeriu que o manuscrito puido estar encargado por Diarmait Mac Murchada (m. 1171), rei de Leinster, quen tiña unha fortaleza (dún) en Dún Másc, preto de Oughaval (An Nuachongbáil). Dún Másc pasouno de Diarmait Mac Murchada a Strongbow, de Strongbow á súa filla Isabel, de Isabel ao Marshal Earls de Pembroke e deste, a varias xeracións posteriores na súa liña. Cando Meiler fitz Henry estableceu un priorado augustiniano no condado de Laois, Oughaval quedou incluída nas terras deste.

Contidos[editar | editar a fonte]

O Libro de Leinster é unha das fontes máis importantes para a xenealoxía, a mitoloxía e a literatura irlandesa antiga, xa que contén, entre outros, textos como o Lebor Gabála Érenn ("Libro das invasións irlandesas"), o Táin Bó Cuailnge ("O roubo do touro de Cuailnge"), as Metrical Dindshenchas e unha tradución ou adaptación ao irlandés de De excidio Troiae Historia.

O manuscrito contén 187 follas, de aproximadamente 33 cm x 23 cm. Unha nota no manuscrito suxire que se puideron perderse ata 45 follas. O Instituto Dublín de Estudos Avanzados publicou unha edición en seis volumes publicada ao longo de 29 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ms A3 en www.ucd.ie
  2. Best, The Book of Leinster, vol 1, p. xv.
  3. 3,03,13,23,33,43,5 Hellmuth, "Lebor Laignech", pp. 1125-6.
  4. Irlandés antigo. De comarbu literalmente 'sucesor'.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Atkinson, Robert. The Book of Leinster, sometimes called the Book of Glendalough. Dublin, 1880. 1-374. Facsimile edition.
  • Book of Leinster, ed. R.I. Best; Osborn Bergin; M.A. O'Brien; Anne O'Sullivan (1954–83). The Book of Leinster, formerly Lebar na Núachongbála. 6 vols. Dublin: DIAS.  Dispoñible en CELT: vols. 1 (pp. 1–260), 2 (pp. 400–70), 3 (pp. 471–638, 663), 4 (pp. 761–81 e 785-841), 5 (pp. 1119–92 e 1202-1325)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Libro_de_Leinster&oldid=4985930"