Ligadura (tipografía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Tipografía na que se observa a orixe da ligadura “et”.

En tipografía unha ligadura é un signo formado pola unión de dous ou máis grafemas que adoitan escribirse tamén separados.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe das ligaduras está na necesidade de economizar esforzos na escrita durante a Idade Media, cando non existía ningunha forma de mecanización da escritura. Ao introducirse a imprenta de tipos móbiles, o desexo de fidelidade con respecto á escritura manual obrigou a adoptar moitos signos combinados. Na Biblia de Gutenberg, que imita o estilo apertado dos manuscritos centroeuropeos da época, empréganse ata trescentos signos distintos, entre versións de letras e e ligaduras.

Usos actuais[editar | editar a fonte]

Ligaduras fi e fl.
Ligadura DE.

As ligaduras empregadas na tipografía moderna teñen dúas funcións:

  • Resolver a inelegancia coa que se combinan ás veces caracteres tipográficos que aparecen consecutivos, como ocorre coas ligaduras “fi” (fi) e “fl” (fl).
  • Representar ligaduras históricas, herdadas da escritura manual. Algunhas destas convertéronse en signos de identidade das linguas, como o “ese-zeta” (eszett) alemán (ß) ou o eñe castelán (ñ).

A ligadura que une DE emprégase en castelán para dar unha imaxe arcaica un texto.

Símbolos procedentes de ligaduras[editar | editar a fonte]

Algúns símbolos teñen a súa orixe en ligaduras. Porén, xa non son poden ser considerados como tales. Entre eles inclúense:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ligadura_(tipografía)&oldid=4800823"