Limites romani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Limites romani
Limes Germanicus 2nd c.png
Limes germanicus
Hadrians Wall map.svg
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAlemaña Alemaña e Reino Unido Reino Unido
TipoCultural
CriteriosII, III, IV
Inscrición1987 (11º sesión) ext. 2005 2008
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador430

Limites Romani ou Limes é o nome aplicado a unha zona de fortificacións fronteirizas romanas que protexían o seu imperio. Houbo algunhas fortificacións de fronteira en Dacia, Arabia Petrea, Numidia e Britania, pero o limes principal foi o de Agri Decumates contra os xermánicos co Limes Germanicus, na zona do río Danubio e do río Rin, e estaba formado por fortíns, foxos, muros e empaladizas; nalgúns lugares había torres redondas e noutros torres de madeira de observación. Está inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1987.[1]

Portal oriental reconstruído en Welzheim.


As fronteiras do Imperio Romano foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e en concreto a Muralla de Hadrián en 1987 e Limes da Alta Xermania-Recia e a Muralla de Antonino[2] en 2005 e 2008, respectivamente. É un dos sitios transfronteirizos que existen no mundo.

Orixinalmente, a palabra "limes" designaba en latín calquera estrada custodiada polas patrullas de fronteira. Polo tanto, a palabra é usada para nomear tanto as auténticas murallas de pedra (provincia de Britania) como cadeas de fortes de madeira ou pedra a certa distancia uns de outros. Este último foi o modelo predominante na ampla e perigosa fronteira, con Germania libera, naqueles lugares onde non podían usar os grandes ríos como fronteira. Co tempo, os propios romanos contrataron ás tribos germanas como soldados para gardar as "limes".

Os principais límites fortificados durante o Imperio foron os seguintes:

Reconstrución dunha torre de vixía Romana en Limes Germanicus (Alemaña)
  • A Muralla de Hadrián e a Muralla de Antonino en Gran Bretaña.
  • Limes Germanicus, nas provincias de Xermania Inferior e Xermania Superior, seguindo o río Rin ata as estribacións dos Alpes. O Castelo de Saalberg (montaña sal) ao norte de Frankfurt, formou parte das Limes romanas nunha especie de provincia romana que penetrou no leste do Rin, a fin de obter sal nuns lugares próximos ao macizo de Taunus, no estado federado de Hessen. Varios castelos construídos polos romanos nesta área aproveitan esta especie de cordilleira ou máis ben macizo para penetrar cara ao leste máis aló do Rin.
  • Limes Alutanus nalguns tramos ao norte do Danubio pasando por Dacia e Pannonia, que eran provincias do Imperio Romano.
  • Limes Transalutanus ', a fronteira no Danubio inferior.
  • Limes Moesiae, a fronteira ao leste de Romanía e Moldavia.
  • Limes Tripolitanus, separando a África romana dos territorios controlados por tribos bérberes no Sahara e do Cordal do Atlas.
  • Limes Arabicus, separando o territorio romano do deserto de Arabia, que consta dunha cadea de fortes construídos en puntos de auga, ligados por unha densa rede de estradas, para defenderse das incursións dos nómades do deserto e protexer a chegada das caravanas.
  • Limes orientais: apoiado no curso do Éufrates, separando as provincias Siria e Capadocia do Imperio parto e, despois, o Imperio Sasánida, formado por unha cadea de cidades e posicións fortificadas controlando os puntos de auga e os vaos do río coas fortalezas dos lexionarios na retaguarda, duns tres a cinco días de marcha.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Limites_romani&oldid=5058290"