Palleta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingüeta")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Palletas de cana afinadas en , para gaita galega.

Unha palleta é unha lámina ou láminas situadas na embocadura de certos instrumentos de vento, cuxa vibración permite a emisión do son a través do aire producido polo intérprete.

Unha palleta no punteiro.

As palletas están fabricadas con cana, madeira ou metal e existen modalidades que varían segundo o tipo de instrumento.

Tipos[editar | editar a fonte]

A denominada palleta batente ou palleta sinxela produce o son a través do roce co propio instrumento e consta dunha soa lámina.

Tamén existe a chamada palleta dobre, na que o son se produce a través do choque entre dúas láminas unidas.

Por último, tamén existe a chamada palleta libre, que vibra co paso do aire por unha abertura, que queda bloqueada pola propia lámina cando non existe columna de aire.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Palleta&oldid=4225133"