Lingua anglonormanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anglonormando
Normand
Falado en: Gran Bretaña e Irlanda
Extinción: Data descoñecida. Contribuíu significativamente no inglés medio.
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Italo-Occidental
    Galo-Ibérico
     Galo-Románico
      Oïl
       Normando
        Anglonormando
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xno

A lingua anglonormanda[1] é unha variedade da lingua normanda que foi empregada no Reino de Inglaterra e, en menor grao, nas Illas Británicas durante o período anglonormando.

Cando Guillerme o Conquistador liderou a conquista normanda de Inglaterra en 1066, el, os seus nobres, e moitos dos seus seguidores de Normandía, falaban unha variedade de linguas d'oïl (variedades setentrionais do galo-románico). Unha delas era o normando antigo, e outros seguidores falaban variedades da lingua picarda do oeste francés. Esta amálgama converteuse nun único dialecto insular coñecido como anglonormando, que era de uso común na literatura e na administración entre os séculos XII e XV. É difícil saber con exactitude a extensión da lingua na poboación xa que o que se sabe dela restrínxese ós rexistros escritos, pero si se sabe que o anglonormando era en gran medida a lingua falada polas clases altas da Inglaterra medieval.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anglonormando.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gustav Adolphe Kloppe, Recherches sur le dialecte de Guace (Wace): trouvère anglo-normand du XIIe, Magdeburgo, W. Heinrich, 1853-1854
  • Serge Lusignan, La langue des rois au Moyen Âge: le français en France et en Angleterre, Paris, Presses universitaires de France, 2004, 296 p.
  • Édouard Le Héricher, Glossaire étymologique anglo-normand; o, L'anglais ramené à la française, Avranches, Durand, 1884
  • Henri Moisy, Glossaire comparatif anglo-normand: donnant plus de 5.000 mots, aujourd'hui bannis du français, et qui sont communs au dialecte normand et à l’anglais, Caen, H. Delesques, 1889
  • Faucher de Saint-Maurice, Honi soit qui mal y pense. Notes sur la formation du franco-normand et de l’anglo-saxon, 1980
  • J.-P. Thommerel, Recherches sur la fusión du franco-normand et de l’anglo-saxon, Paris, Pourchet père, Hingray, Silvestre; Londres, W. Pickering, 1841
  • Johan Vising, Étude sur le dialecte anglo-normand du XIIe, Uppsala, Edquist, 1882
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lingua_anglonormanda&oldid=4923343"