Lista de palabras galegas de orixe celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas. As palabras marcadas cun asterisco (*) non están plenamente comprobadas e son polo tanto casos hipotéticos.

Aínda non existe unha investigación coidadosa e sistemática sobre o léxico galego de orixe celta.[1]

Lista[editar | editar a fonte]

Leiras en Muxía.
Berros.
Carro tradicional galego. As rodas están feitas de cambas; os laterais do carro son chamados chedas.
  • abanqueiro[2][3] [m] 'cadoiro, fervenza', formalmente un derivado en -arium de *abanco, do protocelta *abankos.[4][5] Relacionado co irlandés abacc, do galés afanc e do bretón avank.
  • abeneiro [6] [m] 'amieiro', un derivado en -arium de *aben-no- 'río (árbore)', unha formación similar no protocelta *abal-no- 'mazá-árbore' e *wer-no- 'auga(árbore)' (ameneiro), relacionado co bretón auon, o galés afon e o irlandés antigo ab 'río'.
  • agruño / abruño [m] 'froito do abruñeiro', do protocelta *agrīnio,[4][5][7], influenciado polo latín PRUNUM 'ameixa', semellante ó irlandés áirne, ó galés eirin 'ameixa'; relacionado co occitano agranhon, do provenzal agreno, do catalán aranyó e o aragonés arañon.

Abruño e abruñeiro poden vir tamén directamente do latín prunus (cfr. o abrunal asturiano).

  • albó, alboio [m] 'alpendre, pendello, sobeira', do protocelta *ɸare-bow-yo-[8], relacionado co irlandés antigo airbe 'cuberto, pechado'.
  • anaco [m] 'parte que resulta da división doutra maior',[9] do celta *ann-. Da palabra galega podería provir a castelá añicos.[10]
  • O galego antigo ambas [f p] 'augas, ríos', ambas mestas [f] 'confluencia',[11][12] do celta ambe[13] 'auga, río', semellante ó galo ambe 'río', e ó irlandés antigo aub.
  • banastra [f] 'cesta grande', do francés antigo banaste, do celta *benna 'cesta'.[14]
  • banzo[2] [m] 'chanzo, viga', do protocelta *wank-yo-[4], relacionado co castelán banzo (segundo Coromines de *wankjos)[15]; semellante ó irlandés féige 'trabe horizontal'.
Derivados: banza 'respaldo', banzado, banzao 'valado'.
  • barra [f] 'faiado, plataforma superior', do protocelta *barro-,[4][5] relacionado co irlandés, galés e bretón barr 'cima, pico, cume'.
  • becerro [m] ‘cría da vaca’, incerto: do protocelta *bicurru-, do ibero *ibicurri- ou do latín *Ibex- ‘cabra libre’.
  • berro [m] 'agrón', do protocelta *beru-ro-,[4][5][16][17] relacionado co castelán berro; semellante ó irlandés antigo biror, ó galés berwr, ó bretón antigo beror, ó francés berle (< bĕrŭla en latín procedente do galo[18]; en irlandés biolar, en bretón beler).
  • beizo [m] ‘as dúas partes carnosas que limitan a abertura da boca’, do protocelta *beiccion- ‘boca de animal’, que á súa vez provén de *baicciō ‘berrar’, relacionado co antigo irlandés béccim, irlandés béic ‘berro’, escocés beuc, galés beichio ‘bruar’, córnico begi ‘ornear’, bretón begiad ‘bear’, castelán bezo ‘beizo grande’.
  • bico [m] 'beixo', do protocelta *bekko-,[5][19][20] relacionado co bretón beg, do italino becco e do francés bec.
Derivados: bicar, bicaño 'outeiro', bicallo (un peixe, Gadus luscus).
  • bidueiro[2] [m] < *betūlariu, biduo [m] < *betūlu, bidulo [m] < *betūllu,[21] do celta *betu- ou *betū-[4][5], relacionado co castelán biezo, co catalán beç, co occitano bèç (< bettiu); semellante ó irlandés beith, ó galés bedw e ó bretón bezv.
Derivados: Bidueiral, Bidual 'terreo de bidueiros'.
  • billa,[2] [f] 'espiga; vara' do protocelta *beljo- 'árbore, tronco'[22], semellante ó irlandés antigo bille 'gran árbore, tronco de árbore', ó manés billey 'árbore', ó gales pill 'tocón', ó bretón pil; relacionado co francés bille 'leña, peza de madeira'.
  • bode [m] ‘macho da cabra’, do protocelta *bukko-, relacionado co francés bouc, préstamo do holandés bok.
  • borba[2] [f] 'lama, limo', do protocelta *borwâ-,[23] relacionado co francés bourbe 'lama'; semellante ó irlandés bearbh 'ebulición', ó galés berw 'ebulición' e ó bretón berv 'caldo, burbullo'.
Derivados: borbento 'mucilaxinoso'.
  • borne [m] 'bordo, beira', do francés borne 'marco', do francés antigo bosne, bodne, do latín vulgar *bodĭna / *budĭna 'árbore de fronteira', do protocelta *botina 'tropa',[24] semellante ó irlandés antigo buiden e ó galés byddin 'exército' (*budīnā).
  • bosta [f], 'excrementos sólidos do gando vacún'.
  • braga[2] [f],do protocelta *braco-,[25] relacionado co castelán e occitano braga,co francés braie e co italiano brache.
Derivados: bragal, bragada 'masa de ovos de peixes', bragueiro.
  • braña [f] 'pantano, prado, encalco', do protocelta *bragno-,[5][26] relacionado co asturiano e cántabro braña, co catalán braina, semellante ó irlandés brén, ó galés braen, e ó bretón brein 'podre', bréanar, braenar e breinar 'campo de barbeito'.
Derivados: brañal, brañeira, brañento 'idem'.
  • breixo[27] [m], de *broccius,[28] do protocelta *vroiki-,[22], semellante ó irlandés antigo froich, ó galés gwrug, ó córnico grig; relacionado co castelán brezo, co occitano bruga e co francés bruyère.
  • O galego antigo bren [m] 'farelo', probablemente do provenzal brem, do protocelta *brenno-,[29] relacionado co francés bran e o lombardo bren.
  • breña [f] 'conxunto espeso de matas ou maleza' do celta *brigna- 'outeiro'.
  • bringa[30] [f] 'talo, cana', de *brīnikā, do celta *brīnos 'cana'; semellante ó galés brwyn 'xunco', ó córnico broenn e ó bretón broen; relacionado co frnacés brin 'talo'.
  • brío[2] [m] 'forza, poder', do italiano brio, do occitano briu 'salvaxe', do protocelta *brigos,[5] relacionado co occitano briu, co francés antigo brif 'delixadeza, estilo'; semellante ó irlandés antigo bríg 'poder', ó galés bri 'prestixio, autoridade' e ó bretón bri 'respecto'.
  • O galego antigo busto [m] 'gandaría, leitería', do composto celta *bow-sto-[31] significa 'lugar con vacas', semellante ó celtibérico boustom 'corte', ó irlandés buas 'riqueza en gando'; relacionado co portugués bostar e co castelán bustar
Derivatives: bustar 'pastures'.
  • cai [m] 'peirao, embarcadoiro', probablemente do francés (e a súa vez do normando) quai, do protocelta *kag-yo-,[5][32][33] semellante ó galés cae, ó córnico ke, ó bretón kae 'cobertura' e ó francés chai 'adega'.
  • callao [m] 'pedra pequena, lisa e redonda pola erosión' do protocelta *ca-la-, relacionado co francés caillou.
  • cambiar, do latín vulgar cambiare, do protocelta *kambo-,[4][5][34] relacionado co francés changer, co occitano e castelán cambiar, co catalán canviar, co italiano cambiare; semellante ó bretón kemm 'intercambio', ó irlandés antigo cimb 'rescate'.
Derivados: cambio, cambiador.
  • camba[2] [f] 'arco da roda' do protocelta *kambo-,[4][5][35] relacionado co irlandés antigo camm 'torto', co occitano cambeta 'parte do arado'.
Derivados: cambito, cambada, camballa, cambeira 'madeiro torto para colgar peixes', cambela 'tipo de arado', cambota 'peza inferior da cheminea'.
  • camiño[2] [m] 'vieiro', do latín vulgar *cammīnus, do protocelta *kanxsman-,[5][36] relacionado co italiano cammino, co francés chemin, co castelán camino, co catalán camí, co occitano camin ; semellante ó irlandés antigo céimm e ó bretón cam 'paso'.
Derivados: camiñar.
  • camisa[2] [f] do protocelta camisia.[37] relacionado co castelán e occitano camisa, co italiano camicia e co francés chainse
  • canga[2] [f] 'colar, xugo', do protocelta *kambika.[38]
  • canto [m] 'bordo, esquina', do protocelta *kanto-,[4] semellante ó irlandés antigo cét 'soporte de pedra redonda', ó galés cant 'marco', ó bretón kant 'disco'; relacionado co francés antigo chant, co francés canton 'distrito', co occitano cant e co castelán canto.
Derivados: recanto, cantón, acantoar, cantil.
  • carro [m], do latín vulgar carrum, do protocelta *karro-,[4][5][39] relacionado co romanés car, co italiano carro, co francés char, co provenzal car, co castelán carro; semellante ó irlandés carr, ó galés car e ó bretón karr.
Derivados: carreira, carregar.
  • caxigo [m] 'carballo', de *CASSĪCOS, relacionado co castelán quejigo, semellante ó francés chêne (que provén de *CASSANOS), do protocelta *casso- 'rizado, trenzado'.[40]
  • carballo [m] 'árbore da familia das fagáceas' de *cassīcos, do celta *cassos, relacionado co irlandés cas, galés antigo cascord, francés chêne, asturiano caxigu, aragonés caixico, gascón casse.
  • cervexa[2] [f], do latín vulgar *cerevisia, de orixe celta.[41] Relacionado co francés antigo cervoise, co provenzal e castelán cerveza; semellante ó irlandés antigo coirm, ó galés cwrw e o bretón korev.
  • cheda[2] [f] 'lateral externo dun carro, onde as barras transversais están fixadas', do latín medieval cleta, do protocelta *klētā,[4][5][42] relacionado co irlandés clíath 'obstáculo', co galés clwyd 'barreira, vimbio, estada, porta', co galés kloued; relacionado co francés claie 'andel', co occitano cleda, co catalán cleda 'cerco do gando' e co éuscaro gereta.
  • choco [m] 'lura', do protocelta *klokko-,[4][5][43] semellante ó irlandés antigo clocc, ó galés cloch, ó bretón kloc'h; relacionado co asturiano llueca e llócara, co francés cloche 'campá', German Glock.
Derivados: chocar, chocallo.
  • chota [m] anaco de esterco arrincado do chan, forma que adoita ao ser arrincado o esterco.
  • chousa [f] terreo, parte de monte baixo delimitado e pechado[44]. Do latín clausa '(terra) pechada'.
  • colmea[2] [m], da forma celta *kolmēnā 'feito de palla'[45] relacionado co castelán colmena, de *kolmos 'palla', que vemos no leones cuelmo; relacionado co galés calaf "cana, talo", co córnico kalav "palla" e co bretón kolo "talo".
  • cómaro, comareiro [m] 'DRALG: pequena elevación de terreo de pouca extensión' posiblemente e por vía semiculta do latín 'cumulus'[46] ou do protocelta *kom-ɸare-(yo)-,[5] relacionado co irlandés antigo comair 'diante de', cp galés cyfair 'dirección, lugar, acre'. Ou tamén de *kom-boros 'reunir'.[47]
Derivados: acomarar 'marcar os límites dunha terra'.
  • comba [f] 'val, inflexión', do protocelta *kumbā,[4][5][48] relacionado co italiano comba, co francés combe, co occitano comba; semellante ó irlandés com, coim 'cavidade torácica', co galés cwm 'conca (forma de terra)', co córnico komm 'val pequeno, val arbolado', co bretón komm 'val pequeno'.
  • combarro [m], combarrizo [m] 'corte, alpendre',[49] do protocelta *kom-ber-o- 'xuntar'.[5] Relacionado co francés medieval combres 'valado no río para a pesca'.
  • combo [m] (adj.) 'dobrado, curvado', do protocelta *kumbo-,[4][5][50] relacionado co provenzal comb e o castelán combo.
Derivados: combar.
  • comboa [f] 'curral utilizado para a captura de peixes atrapados na marea baixa', do medieval combona, do protocelta *combā 'val' ou *combos 'dobrado'.[50]
  • crica [f] 'vulva; fociño; cinta', do protocelta *krīkʷā,[5] relacionado co irlandés medieval crích 'límite, suco', co galés crib 'crista' e co bretón krib 'dobrado'.
  • croa [f] parte central e máis elevada dun castro. Lugar cuberto de pedras e elevado.
  • croio[2] [m] 'pedra redonda', croia [f] 'pedriña', do protocelta *krowdi-,[4][5][51] semellante ó irlandés antigo crúaid 'dura', ó galés cru e ó bretón kriz; relacionado co occitano croi 'cruel' e co italiano crojo.
Derivados: croio (adx.) 'feo, tosco'; croído, croieira 'praia, pedreira'.
  • crouca [f] 'cabeza', do protocelta *krowkā-,[4][5][52] relacionado co provenzal crauc 'chea, montón', co occitano cruca 'cabo (xeografía)'; semellante ó irlandés cruach 'pila, palleiro', co galés crug 'montículo, túmulo, montón' e co bretón krug 'montículo, túmulo'.
Derivados: crocar 'abolar, cocar', croque 'golpe'.
  • curro [m] 'curral, cerco', do protocelta *kurro-,[5] semellante ó irlandés medieval cor 'círculo', corrán 'fouce', ó irlandés carr 'saínte', ó galés cwrr 'canto, bordo, bordo final'; relacionado co castelán corro, corral.
Derivados: curruncho, currucho, currullo 'recanto', currusco 'parte saínte do pan', curral.
Unha miñoca.
Trobos ou colmeas tradicionais galegas.
Toxos e breixos, O Grove.
Engo ou irgo.
  • dolmen [m] do galo ou bretón *taol maen-.
  • dorna [f] 'un tipo de barco; medición (volume)',[53] do protocelta *durno- 'puño'.[54] Semellante ó francés medio dour, o francés dialectal dorne 'lonxitude tradicional que equivale ao puño dunha man', occitano dorn, 'unha presa', irlandés dorn, galés dwm e bretón dourn 'man'.[55][56] Con todo, a forma asturiana duerna 'recipiente' esixe unha forma **dorno-.
  • embaixada [f], do provenzal ambaissada, de ambaissa 'servizo, deber', do protocelta *ambactos 'servinte'[57], semellante ó galés amaeth 'granxa', ó córnico ammeth 'agricultura' e ó bretón antigo ambaith.
  • engo, irgo [m], de *édgo, do latín vulgar EDUCUS, do galo odocos,[58] idem.[59] Relacionado co castelán yezgo, co asturiano yeldu e co provenzal olègue.
  • gabela [f] 'feixe, taxa', do protocelta *gabaglā-,[60][61][62] relacionado co francés javelle, co provenzal gavela e co castelán gavilla; semellante ó irlandés antigo gavael 'coller, captar'.
  • galga [f] 'pedra lisa', de *gallikā, do protocelta *gallos 'pedra',[4] semellante ó irlandés gall, ó francés galet 'gravel' gallete 'pastel simple' e ó español galga.
Derivados: galgar 'tallar unha pedra para que sexa simple e regular'.
  • gorar[2] 'chocar, criar (un ovo, ou unha enfermidade)', do protocelta *gʷor-,[63][64] semellante ó irlandés antigo guirid 'quentar', ó galés e córnico gori 'criar, chocar (ovos)' e ó bretón goriñ.
Derivados: goro 'ovo incubado sen fertilizar'.
  • gubia [f], do celta *gulbia, de *gulb- 'beak',[65][66] relacionado co portugúes goiva, co castelán gubia, co francés gouge, co italiano gubba; semellante ó irlandés antigo gulba 'auillón', ó irlandés gealbhán 'pardal' e ó galés gylyf 'fouce', gylf 'pico'.
  • lándoa [f] 'parcela sen cultivar', de *landula, derivado do protocelta *landā,[4][5][67] relacionado co irlandés antigo lann 'terra, igrexa', co galés lann 'terras da igrexa', co francés lande 'páramo areoso' e co provenzal e catalñan landa.
  • lavego [m], lavega [f] 'arado', from *ɸlāw-aiko-,[68] do protocelta *ɸlāwo-, relacionado co lombardo plovum, co almeán Pflug e co inglés plough.
  • laxe[2][69] [f] 'pena lisa', da forma medieval lagena, do protocelta *ɸlāgenā,[70] relacionado co irlandés antigo lágan, láigean, co galés llain 'punta de lanza ancha'; semellante o irlandés láighe 'aixada, pa'.
  • legua[71] [f], do protocelta *leukā, relacionado co francés lieue, co castelán legua; semellante ó irlandés antigo líe (xenitivo líac) 'pedra', irlanda liag
  • leira [f] 'parcela, parte delimitada de terreo', da forma medieval laria, do protocelta *ɸlār-yo-,[5][72] semellante ó irlandés antigo làr 'terreo', ó bretón leur 'terreo' e ó gales llawr 'chan'.
Derivados: leiro, leirar e leiroto, leiruca.
  • O galego antigo ler [m] 'mar, costa', do protocelta *liros,[4][5] relacionado co irlandés antigo ler, co irlandés lear e co galés llyr 'mar'.
  • lousa[2] [f], do protocelta *laws-,[73] relacionado co provenzal lausa, co castelán losa e co francés losenge 'diamante'.
Derivados: enlousar e lousado.
  • marulo [m] 'neno gordo, grande', de *mārullu,[74] diminutivo do protocelta *māros 'grande, enorme', semellante ó galés mawr e ó bretón meur.
  • meniño [m] 'neno, bebé', do medieval mennino, o protocelta *menno-,[5] semellante ó irlandés antigo menn 'neno', ó irlandés meannán, ó galés myn e ó bretón menn.
Derivados: meniñez.
  • miñoca [f], (dialectal mioca, miroca), do medieval *milocca, do protocelta *mîlo-,[4][5] semellante ó asturiano milu, merucu e ó irlandés, galés e bretón mil 'animal'.
  • olga [f], do protocelta *ɸolkā,[75][76][77] relacionado co francés ouche e co provenzal olca. Porén *ɸolkā debe dar lugar a **ouca.
  • peza [f], do latín vulgar *pettia, do galo petsi, do protocelta *kʷezdi,[5][78][79] relacionado co italiano pezza, co francés pièce, co castelán pieza; semellante ó irlandés antigo cuit, ó irlandés cuid, ó galés peth 'cousa' e ó bretón pez.
Derivados: empezar.
  • rego [m], rega [f], do protocelta *ɸrikā,[80][81][82], semellante ó galés rhych, ó bretón reg e ó gaélico escocés riach; relacionado co francés raie, co occitano e catalán rega, e co éuscaro erreka.
Derivados: derregar, regato.
  • rodaballo[2] [m], da forma composta celta *roto-ball-jo-,[83] que significa 'estremos redondos', semellante ó irlandés roth 'roda', ó galés rhod, ó bretón rod e ó irlandés ball 'membro, órgano'.
  • saio [84] [m] e saia [f], da forma medieval sagia, dunha forma celta antiga e tamén do latín sagum 'túnica'.[85]
  • seara, senra [f] 'campo sementado recentemente, pero que se deixa en barbeito', da forma medieval senara, compendio celta de *seni- 'aparte, separado' (do irlandés antigo sain 'só', do galés han 'outro') e *aro- 'terra arada'[86] (do galés âr e do irlandés ár 'terra arada'). Corresponden co leonés senara e co castelán serna.[56]
  • tasca [f] e tascón [m], 'espadela', relacionado co gálata taskós 'paridade'.[87]
  • tol e tola[88] [m / f] 'canle de irrigación', do protocelta *tullo- 'furado, perforado',[22], semellante ó irlandés toll 'cova, oco', ó galés twll 'cova', ó bretón toull 'fenda'; relacionado co castelán tollo, co catalán toll e o francés antigo tolon 'outeiro, terra alta'.
  • tona [f] 'capa graxa do leite', do protocelta *tondā,[5][89][90] relacionado co irlandés antigo tonn e co galés tonn.
Derivados: toneira 'pota para obter manteiga do leite'.
  • toxo [m], do celta *togi-,[91] semellante ó castelán e gascón toja e ó francés tuie.
Derivados: fura-toxos, toxa, toxedo, toxa, toxeira.
  • trosma[92] [m] 'pouco axeitado, parvo', do protocelta *trudsmo- ou *truksmo- 'forte'[93], semellante ó irlandés antigo tromm e ó galés trwm.
  • trado, trade [m], do protocelta *taratro-,[4][5][94] relacionado co irlandés tarathar, co galés taradr, co bretón tarar, co occitano taraire, co catalán taradre, co castelán taladro, co francés tarière e do romanche tarader.
Derivados: tradar.
  • tranca [f], tranco [m], do protocelta *tarankā,[95][96] relacionado co castelán tranca, co francés taranche, co provenzal tarenco; semellante ó irlandés antigo tairinge, ó irlandés tairne e ó gaélico escocés tairnge.
Derivados: taranzón < *tarankyon-, tarangallo, trancar.
  • trebo, trobo [m], da forma medieval trebano, do protocelta *trebno-,[5] semellante ó irlandés antigo treb 'granxa', ó córnico tre 'casa; vila', ó galés tref 'vila'; semellante ó asturiano truébanu, e ó provenzal trevar.
  • trencha, trincha [f], 'ferramenta para desbastar a madeira', do celta *trenco[97][98] 'curto'.
  • trincar 'cortar cos dentes' incerto: do galo *trincare- 'cortar', tamén é posíbel que veña do latín *trinicāre- 'cortar en anacos', relacionado co catalán e antigo provenzal trencar, francés trancher.
  • trogo [m] 'tristura, ansiedade, mágoa', do protocelta *trougos,[4][5] semellante ó irlandés antigo tróg, ó irlandés trogha, ó galés tru 'miserento', ó bretón tru 'miserento'; relacionado co portugués truhão, co castelán truhan e co francés truand 'esmoleiro'.
  • trollo [m], 'lameiro, brañal', do celta tullon 'oco'.[99]
  • varga[100] [f] 'cabana; parede feita de cañizos; valado', do celta *wraga,[101][102] relacionado co castelán varga 'cabana' e do francés barge, semellante ó irlandés fraigh 'parede trenzada, tellado'.
Derivados: vargo 'estaca que se crava na terra para construír un valado'; varganzo, vargado 'valado ou cerrado feito de vargos'.
  • vascullo [m] 'feixe de palla; vasoira', do protocelta *baski- 'feixe',[5] relacionado co gascón bascojo 'cesta', do asturiano bascayu 'vasoira' e do bretón bec'h 'embalaxe, carga'.
  • vasalo [m], do latín vulgar vassalus, do protocelta *wasto-,[5][103] relacionado co francés vassal, co castelán vasallo, co irlandés medieval foss 'servinte', co galés gwas 'servinte; rapaz', Breton gwaz.
  • verea [f] 'camiño ancho', da forma medieval vereda, do celta *uɸo-rēdo-,[104][105], relacionado co castelán vereda 'camiño'; semellante ó galés gorwydd 'corcel', co latín vulgar veredus 'cabalo', ó francés palefroi 'corcel' (< *para-veredus).
  • xenreira [f] 'odio, zuna', do celta *senasra 'odio hereditario'.[106]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cf. Koch, John T. (ed.) (2006). Celtic culture: a historical encyclopedia. ABC-CLIO. p. 790. ISBN 1-85109-440-7. 
  2. 2,002,012,022,032,042,052,062,072,082,092,102,112,122,132,142,152,162,172,18 Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega (2. ed. ed.). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. p. 30. ISBN 84-7824-333-X. 
  3. Prósper (2002) p. 90.
  4. 4,004,014,024,034,044,054,064,074,084,094,104,114,124,134,144,154,164,174,184,194,204,21 Ward A. (1996), s.v.
  5. 5,005,015,025,035,045,055,065,075,085,095,105,115,125,135,145,155,165,175,185,195,205,215,225,235,245,255,265,275,285,295,305,315,325,335,34 Matasovic R. (2009), s.v.
  6. Bascuas, Edelmiro (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. pp. 257–262. ISBN 84-9750-026-1. 
  7. cf. Meyer-Lübke 294.
  8. Ward A. (1996), s.v. AREBOWION.
  9. "Anaco". Real Academia Galega. Consultado o 5 de xaneiro do 2016. 
  10. "Añicos". Real Academia Española. Consultado o 5 de xaneiro do 2016. 
  11. Bascuas, Edelmiro (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. p. 212. ISBN 84-9750-026-1. 
  12. Moralejo (2007) p. 50.
  13. Matasovic R. (2009), s.v. *abon-
  14. Remacle, Louis (1997). Etymologie et phonétique wallonnes : Questions diverses. Liège: Faculté de Philosophie et Lettres de l'Université de Liège. pp. 15–21. ISBN 978-2-87019-267-2. 
  15. Coromines, Joan (2012). Breve diccionario etimológico de la lengua castellana. Gredos. ISBN 9788424923648. 
  16. Meyer-Lübke 1054
  17. Donkin (1864), s.v. berro
  18. "Berle". Centre National de Ressources Textuelles et Lexicales. Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  19. Ward A. (1996), s.v. BECLOS
  20. Meyer-Lübke 1013
  21. Meyer-Lübke s. v. *betulus, *betullus
  22. 22,022,122,2 Matasovic (2009) s.v.
  23. Ward A. (1996), s.v. BORWOS
  24. Meyer-Lübke 1235
  25. Meyer-Lübke 1252
  26. Ward A. (1996), s.v. MRAKNOS
  27. Báscuas (2006) p. 134.
  28. Cf. Coromines (1973) s.v. brezo.
  29. Meyer-Lübke 1284
  30. Coromines (1973) s.v. brizna.
  31. Matasovic R. (2009), s.v. *bow-
  32. Ward A. (1996), s.v. KAGOS
  33. Meyer-Lübke 1480
  34. Meyer-Lübke 1540
  35. Meyer-Lübke 1542
  36. Meyer-Lübke 1552
  37. Meyer-Lübke 1550.
  38. Meyer-Lübke 1541.
  39. Meyer-Lübke 1721
  40. Coromines (1997) s.v. quejigo; Matasovic (2009) s.v. *casso-
  41. Meyer-Lübke 1830.
  42. Meyer-Lübke 1988
  43. Donkin (1864), s.v.
  44. [1]
  45. cf. Varela Sieiro, Xaime. Léxico Cotián na Alta Idade Media de Galicia: A arquitectura civil. Santiago, 2008. ISBN 978-84-9750-781-3. pp. 205-206.
  46. Hector IGLESIAS "TOPONYMES PORTUGAIS, GALICIENS, ASTURIENS ET PYRÉNÉENS : AFFINITÉS ET PROBLÈMES HISTORICO-LINGUISTIQUES"
  47. Prósper (2002) p. 242.
  48. Meyer-Lübke 2386
  49. Varela Sieiro, Xaime (2008). Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia : a arquitectura civil. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 207. ISBN 9788497507813. 
  50. 50,050,1 Meyer-Lübke 2387
  51. Meyer-Lübke 2338
  52. Meyer-Lübke 2340
  53. Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na Alta Idade Media de Galicia : o enxoval. A Coruña: Do Castro. pp. 293–294. ISBN 84-8485-120-6. 
  54. Matasovic R. (2009), s.v. *durno-
  55. Meyer-Lübke 2754
  56. 56,056,1 "Toponimia maior da parroquia de Taragoña (Rianxo, O Barbanza). Estudo etimolóxico". USC revistas. Consultado o 18 de xuño do 2016. 
  57. Meyer-Lübke 448.
  58. Marcellinus De Medicamentis, 7.13
  59. Cf. Coromines (1997) s.v. yezgo
  60. Ward A. (1996), s.v. GABIT
  61. Matasovic R. (2009), s.v. *gab-yo-
  62. Meyer-Lübke 3627
  63. Ward A. (1996), s.v. GORIT
  64. Matasovic R. (2009), s.v. *gwer-o-
  65. Matasovic R. (2009), s.v. *gulb-
  66. Meyer-Lübke 3911
  67. Meyer-Lübke 4884
  68. Búa, Carlos (2007). Dieter Kremer, ed. Onomástica galega: con especial consideración da situación prerromana : actas do primeiro Coloquio de Trier 19 e 20 de maio de 2006. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 34. ISBN 978-84-9750-794-3. 
  69. Búa, Carlos (2007). Dieter Kremer, ed. Onomástica galega: con especial consideración da situación prerromana : actas do primeiro Coloquio de Trier 19 e 20 de maio de 2006. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 34. ISBN 978-84-9750-794-3. 
  70. Ward A. (1996), s.v. LĀGENĀ
  71. Coromines (1973) s.v. legua.
  72. cf. Meyer-Lübke 4911.
  73. Cf. Matasovic (2009), s.v. Lîwank-.
  74. Moralejo Laso, Abelardo (1981). "Notas acerca de algunos topónimos de la comarca de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (en español): 36. 
  75. Ward A. (1996), s.v. OLCĀ
  76. Matasovic R. (2009), s.v. *folkā
  77. Meyer-Lübke 6050
  78. Ward A. (1996), s.v. QEZDI
  79. Meyer-Lübke 6450
  80. Matasovic R. (2009), s.v. frikā-.
  81. Ward A. (1996), s.v. RIKS.
  82. Meyer-Lübke 7299.
  83. Ward A. (1996), s.v. ROTIS
  84. Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na Alta Idade Media de Galicia : o enxoval. A Coruña: Do Castro. pp. 103–105. ISBN 84-8485-120-6. 
  85. de Vaan, Michiel (2008). Etymological dictionary of Latin and the other Italic languages. Leiden: Brill. p. 534. ISBN 9789004167971. 
  86. Coromines (1997) s.v. serna; Matasovic s.v. *aro-
  87. Coromines (1997) s.v. tascar
  88. Bascuas (2006) p. 151
  89. Ward A. (1996), s.v. TONDOS
  90. Meyer-Lübke 8987
  91. Ward A. (1996), s.v. TOGIT.
  92. Martins Estêvez, Higinio (2008). As tribos calaicas: proto-história da Galiza à luz dos dados linguísticos. Sant Cugat del Vallès, Barcelona: Edições da Galiza. pp. 535–537. ISBN 978-84-936218-0-3. 
  93. Cf. Matasovich R. (2009) s.v. *trummo-.
  94. Meyer-Lübke 8570
  95. Matasovic R. (2009), s.v. *tarankyo-
  96. Meyer-Lübke 8585
  97. "Trencha". Portal das Palabras. Consultado o 17 de xuño do 2016. 
  98. "Trencha". DIGALEGO. Consultado o 17 de xuño do 2016. 
  99. "Trollo". DIGALEGO. Consultado o 31 de maio do 2016. 
  100. "Varga". Real Academia Galega. Consultado o 5 de xaneiro do 2016. 
  101. Coromines (1997) s.v. varga
  102. TLFi s.v. barge3
  103. Meyer-Lübke 9166
  104. Ward A. (1996), s.v. WORÊDOS
  105. Matasovic R. (2009), s.v. *ufo-rēdos
  106. "Xenreira". DIGALEGO. Consultado o 25 de maio do 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lista_de_palabras_galegas_de_orixe_celta&oldid=4545058"