Lois Corral Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lois Corral Rodríguez
Nacemento7 de outubro de 1784
 Mondoñedo
Falecemento18 de outubro de 1830
 Mondoñedo
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Lois Corral Rodríguez (tamén citado como Luís Corral Rodríguez), nado en Mondoñedo o 7 de outubro de 1784 e finado na mesma cidade o 18 de outubro de 1830[1], foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os estudos de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo mais deixounos por Farmacia, que rematou en 1810[2]. Foi poeta en latín, castelán e galego.

Poeta da escola de vilancicos de Mondoñedo[3], continuador de Antonio María de Castro e Neira, os textos galegos consérvanse manuscritos no Arquivo Musical da Catedral de Mondoñedo.

Segundo Xosé María Álvarez Blázquez O estilo de Corral, os recursos temáticos, moldes gráficos, etc, gardan gran semellanza cos de Castro e Neira, coma que ambos responde a módulos da época dentro da común intención popularizante [4].

Carlos Villanueva sinala na obra de Lois Corral a busca dun ambiente festivo propio e de romaría galega; o uso dunha lingua asimilada directamente do pobo, que se caracteriza polo uso de recursos de pupularización de gran efecto, cheos de elementos da vida cotiá e o reflexo do desgaste do xénero pois nel se ve principalmente o desexo de conservar a tradición salientando os aspectos máis convencionais [5].

É autor de vilancicos como:

Meu meniño, miña perla,
non botes, non, tantas bágoas;
si un gallego achas de menos,
outro gallego te canta[6]

Na mesma liña está escrito o titulado A Belén. Outro é A noite de navidá:

Por e, meu neno,
son esas bágoas;
por el dous brutos
hoxe te abafan[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 47-48. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 81. ISBN 84-7492-465-0. 
  3. Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 6. Editorial Ir Indo. p. 303. ISBN 84-7680-294-3. 
  4. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 146. ISBN 84-8288-019-5. 
  5. Vilavedra 1995, p. 146.
  6. Carballo Calero 1975, p. 47.
  7. Carballo Calero 1975, p. 48.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lois_Corral_Rodríguez&oldid=4826471"