Lois González López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lois González López
Nacemento1866
 Madrid
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Lois González López, nado en Madrid en 1866, foi un poeta en galego que Ricardo Carballo Calero encadra nos Epígonos[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia tiña casa en Pumarín (Montecubeiro, Castroverde). Viviu entre 1869 e 1878 en Montecubeiro e Neira de Rei. Trasladouse a Madrid e cambiou o segundo apelido de López a Cando, nome dunha casa grande de Vilar en Montecubeiro.

A máis coñecida das súas poesías é A víspera de San Xoán en Montecubeiro que foi premiada cun accésit nun certame celebrado en Lugo en 1891[2]. O poema representa con realismo ameno e ponderado un anaco da vida da aldea e ten o valor do directamente coñecido e exposto con simpatía e fluidez. [3].

Outras composicións súas son as tituladas A miña sorte, O bico, Parrafeo con San Pedro, publicadas na revista Galicia de Andrés Martínez Salazar.

Tanto a lingua usada como o ambiente campesiño representado están moi logrados nestes poemas.

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais dos poemas citados é autor dalgunhas obras en castelán escritas en colaboración con A. López Álvarez ou Perosterena.[4]:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. Asociación de escritores y artistas de Lugo. Poesías originales de D. A. J. Pereira y D. L. González López que han alcanzado respectivamente el premio y accesit de honor en el certamen literario y artístico celebrado en Lugo el 6 de octubre de 1891. Imprenta de El Regional. 1891. 
  3. Carballo Calero 1975, p. 491.
  4. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 272. ISBN 84-8288-019-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lois_González_López&oldid=4714707"