Lois Tobío Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Lois Tobío Campos
Nacemento 1861
  Lamiño
Falecemento 7 de abril de 1943
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación escritor e profesor
editar datos en Wikidata ]

Lois Tobío Campos, nado en Lamiño (Brión) en 1861 e finado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1943, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carta de Rosalía Castro de Murguía a Luis Tobío, 1883.

Era fillo de Ramón Tobío Martínez, labrego acomodado, e de Xoana Campos. Ramón Tobío era fillo de María Xosefa Martínez Vioxo, irmá do pai de Rosalía de Castro, coa que Lois Tobío pasou parte da súa infancia en Ortoño. Comezou a estudar co seu tío, Lois Tobío Martínez, mestre en Brión. Fixo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, titulándose en 1881. Estivo como interino en Ribeira e no Colexio de San Agustín de Vilagarcía de Arousa, incorporado ao Istituto de Segundo Ensino de Pontevedra.

En Vilagarcía comezou a publicar artigos e poesía na prensa local, ao tempo que sacaba o título de Bacharelato por libre, que acadou en 1885. Comezou os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, sen chegar a rematar a carreira. En 1892 acadou a praza de Mestre na Escola de San Francisco de Viveiro, e ao ano seguinte marchou a Madrid para seguir os cursos da Escola Superior do Maxisterio e poder optar a un posto como docente nas Escolas Normais. A través de profesores como Bartolomé Cossio coñeceu a Institución Libre de Enseñanza, onde coincidiu con Francisco Giner de los Ríos.

De regreso a Viveiro participou na vida cultural da vila, con publicacións e conferencias co gallo do Centenario da publicación de Don Quijote ou polo aniversario do nacemento de Nicomedes Pastor Díaz. Amais de ocupar o seu posto na escola pública, deu clase nun centro privado. En 1915 pasou a dar clase na Escola Graduada anexa á Escola Normal de Santiago.

Foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega, e publicou diversos artigos no seu Boletín. Era tamén membro da Sociedade Astronómica de Barcelona. En 1898 recibiu a Cruz de Isabel a Católica.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ecos y esbozos (1912). Poesía bilingüe.
  • Rosiñas da Terra (1917). Poesía.
  • Rimas galicianas (1935). Poesía bilingüe.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1905 con Mélida Fernández González, da familia fidalga dos Pardo-Vaamonde. Foi pai de Lois Tobío Fernández e María Tobío.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lois_Tobío_Campos&oldid=4646135"