Los Angeles Times

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Logo de Los Angeles Times.
Edificio de Los Angeles Times.

Los Angeles Times (tamén coñecido como LA Times) é un xornal de circulación diaria publicado nos Ánxeles, e distribuído nos estados occidentais dos Estados Unidos, propiedade de Tribune Company. Cunha circulación de 843.432 lectores por día a setembro de 2005, é o segundo xornal metropolitano meirande nos Estados Unidos despois de The New York Times.

Ao longo da súa historia gañou 37 premios Pulitzer, e segundo o Almanaque Mundial de 2007, é o terceiro xornal máis lido dos que se publican nos Estados Unidos.

Historia[editar | editar a fonte]

Máquina expendedora dos Angeles Times durante os Xogos Olímpicos de 1984.

A primeira edición do Times produciuse o 4 de decembro de 1881, aínda que pronto entrou en bancarrota. En 1884 o seu fundador creou o Times-Mirror Company, compañía que editaría o xornal a partir dese momento.

O 1 de outubro de 1910, e tras frecuentes enfrontamentos cos sindicalistas, unha bomba estalou na sede do xornal, causando 21 falecidos. Os coñecidos sindicalistas, os irmáns McNamara, foron parte dos acusados do atentado. Ó pouco tempo, o xornal xa tiña unha nova sede situado nas rúas Primeira e Spring no centro dos Ánxeles dende 1935. A planta imprimidora atopábase nas rúas Oitava e Alameda.

A familia Chandler foron os donos do diario até o ano 2000, daquela a empresa xornalista Tribune Publishing, compañía matriz do diario Chicago Tribune comprou o diario. O 7 de febreiro do ano 2018, Os Angeles Times, xunto co diario metropolitano San Diego Union-Tribune foron vendidos por ó multi-millonario Dr. Patrick Soon-Shiong, nado en Suráfrica de ascendencia chinesa, por $500 millóns de dólares (USD) pola acquicisión de ambos os diarios e semanarios comunitarios.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Los_Angeles_Times&oldid=4776643"