Os gozos e as sombras (serie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Los gozos y las sombras (serie)")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Los gozos y las sombras
Formato Drama - Historia
Dirixido por Rafael Moreno Alba
Intérpretes Eusebio Poncela
Amparo Rivelles
Charo López
Carlos Larrañaga
Rosalía Dans
Santiago Ramos
Manuel Galiana
Rafael Alonso Ochoa
País de orixe España
Episodios 13
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Jesús Navascués
Duración 55 min. por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixe TVE
Primeira emisión 25 de marzo de 1982
Derradeira emisión 10 de xuño de 1982
Ligazóns externas
Ficha na IMDb

Os gozos e as sombras (título orixinal en castelán Los gozos y las sombras) é unha serie de televisión española de 1982, adaptada e producida por Jesús Navascués e dirixida por Rafael Moreno Alba. Está baseada na novela Los gozos y las sombras de Gonzalo Torrente Ballester (que supervisou a adaptación), e ambientada nunha vila de Galiza entre 1934 e 1936. Consta de 13 capítulos, e foi emitida inicialmente por TVE, e distribuída posteriormente a Uruguai e Arxentina.

Tamén foi dobrada ao galego e emitida pola TVG, converténdose no primeiro produto audiovisual dobrado ao galego.

Amais de supoñer no seu momento un relanzamento editorial da novela, abriu o camiño á produción doutras series baseadas en novelas clásicas da literatura española.

Trama[editar | editar a fonte]

Pueblanueva del Conde é unha vilas das Rías Baixas, que nos anos finais da Segunda República Española sufre un cambio social e económico que altera a orde tradicional instalada. As familias vellas propietarias das terras ceden paso á nova burguesía industrial.

Tralo regreso de Carlos Deza, último da saga dos Churruchaos, comeza un enfrontamento entre el e dona Mariana fronte a Cayetano Salgado.

Rodaxe[editar | editar a fonte]

Foi rodada en Pontevedra e arredores. Aparecen lugares como o mosteiro de Poio ou Combarro.

Ficha artística[editar | editar a fonte]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Eusebio Poncela (Carlos Deza)
  • Amparo Rivelles (Mariana Sarmiento)
  • Charo López (Clara Aldán)
  • Carlos Larrañaga (Cayetano Salgado)
  • Rosalía Dans (Rosario "La Galana")
  • Santiago Ramos (Juan Aldán)
  • Manuel Galiana (Paquito)
  • Rafael Alonso Ochoa (Don Baldomero)
  • José María Caffarel (Don Lino)
  • Eduardo Fajardo (Fray Eugenio)
  • Isabel Mestres (Inés Aldán)
  • Tito García (Cubeiro)
  • María Casal (Carmiña)
  • Fernando Sánchez Polack (El Cubano)
  • Verónica Luján (Lucía)
  • Carmen Roldán (Germaine)
  • María Vico (Rucha)
  • Laura Cepeda (Rucha hija)
  • Julia Trujillo (La Galana)
  • Walter Vidarte (Xirome)
  • Pilar Bardem (Curandera)

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

  • Jesús Navascués (adaptación e produción)
  • Rafael Moreno Alba (dirección e realización)
  • José García Galisteo (fotografía)
  • Nemesio García Carril (música orixinal)
  • Pedro del Rey (montaxe)
  • Eduardo Hidalgo (decorador)
  • Javier Artiñano (figuración)
  • Gonzalo Torrente Ballester (supervisión)

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Ten unha relevancia especial na historia da dobraxe ao galego, pois foi o primeiro produto audiovisual dobrado ao galego, no ano 1984. A dobraxe foi dirixida por Juan Guisán no estudio Vídeo Galicia (A Coruña) e o guión traducido por Marino Dónega.

Premios[editar | editar a fonte]

Fotogramas de Prata 1982

Categoría Persoa Resultado
Mellor intérprete de televisión Charo López Gañadora
Mellor intérprete de televisión Eusebio Poncela Candidato
Mellor intérprete de televisión Amparo Rivelles Candidata

Premios TP de Ouro 1982

Categoría Persoa Resultado
Mellor serie nacional Gañadora
Mellor actriz Charo López Gañadora

Premios Ondas

Categoría Resultado
Nacional de Televisión Gañadora

Premios ACE

Categoría Persoa Resultado
Mellor serie de televisión Gañadora
Mellor director de televisión Rafael Moreno Alba Gañador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Os_gozos_e_as_sombras_(serie)&oldid=4782318"