Louis Althusser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Louis Althusser
Louis Althusser sketch (8420987781).jpg
Nacemento 16 de outubro de 1918
  Bir Mourad Raïs
Falecemento 22 de outubro de 1990
  París
Causa Infarto agudo de miocardio
Nacionalidade Francia
Educado en Escola Normal Superior de Paris e agrégation de philosophie
Ocupación filósofo, político e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Louis Althusser, nado en Birmandreis (Alxeria) o 19 de outubro de 1918 e finado o 22 de outubro de 1990, foi un filósofo marxista da liña estruturalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu pai, mudouse coa familia a Marsella. En 1937 uniuse ao movemento das xuventudes católicas. Como estudante destacado foi aceptado na prestixiosa École Normale Supérieure en París.

Recrutado na Segunda Guerra Mundial, acabou nun campo de prisioneiros. Pasada a guerra afiliouse ao Partido Comunista Francés e acadou a condición de profesor na mencionada École. Cando Nikita Khrushchev se afastou do stalinismo, Garaudy e outros líderes comunistas entenderon que había que reformular o marxismo. Moitos tentaron recuperar as raíces humanistas de Marx. Althusser fixo unha dura crítica a esa deriva do Partido. A súa posición no Maio do 68 foi ambigua e máis ben distante.

Aqueixado de desequilibrios psiquiátricos, deu morte á súa muller o que supuxo o seu internamento no Hospital Sainte-Anne. Seguiu escribindo, aínda que as súas publicacións foron poucas a partir de entón. Un ataque ao corazón acabou coa súa vida

Pensamento[editar | editar a fonte]

Tras a superación do stalinismo no XX congreso do PCUS, Althusser amósase contrario a edulcorar o marxismo apelando ao primeiro Marx, o denominado xove Marx dos Manuscritos económico-filosóficos. Para Althusser Marx é un creador de Ciencia igual que Galileo, o descubridor dun novo continente teórico: a historia. O materialismo histórico estuda a estrutura dos procesos de produción explica o cambio duns modelos a outros e constitúe unha auténtica filosofía da ciencia que vai alén da mera crítica a un sistema, neste caso o capitalismo.

Característica do sistema capitalista é a súa opacidade, onde os suxeitos non son conscientes dos mecanismos que subxacen ao sistema, mecanismo que por mor da ideoloxía se reviste cunha aparencia de inevitabilidade. Por iso é necesario un traballo teórico que desenmascare o proceso. Así grazas á teoría podemos coñecer, mediante o concepto de plusvalía, o empresario se queda con parte da riqueza do traballador.

Althusser propón un marxismo puro, científico, sen antropoloxía, e polo tanto sen concesión para os humanismos de diverso signo que quixeron enriquecer o contido ideolóxico da esquerda revolucionaria. A historia non ten suxeito e está animada polas forzas produtivas e a loita de clases que desencadean.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Lire le Capital, 1965
  • Pour Marx, 1965
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Louis_Althusser&oldid=4720763"