Louis De Geer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Louis De Geer
David Beck - Louis De Geer d.ä. 1587-1657.jpg
Nacemento17 de novembro de 1587
 Liexa
Falecemento19 de xuño de 1652
 Ámsterdam
NacionalidadeSuecia e Países Baixos
Ocupaciónempresario, comerciante, diplomático e arms trader
FillosLaurens de Geer e Louis de Geer
IrmánsMargaretha de Geer
editar datos en Wikidata ]

Louis De Geer, nado o 17 de novembro de 1587 en Liexa e finado o 19 de xuño de 1652, en Ámsterdam, foi un comerciante e industrial sueco-holandés de orixe valoa. Esta considerado o pai da industria sueca por introducir os altos fornos valóns en Suecia. Produciu canóns para o movemento protestante alemán, a mariña neerlandesa, a Compañía Holandesa das Indias Orientais e a Compañía Holandesa das Indias Occidentais.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De Geer era fillo do comerciante e industrial do ferro Louis de Geer de Gaillarmont (1535-1602) e de Jeanne de Neille (1557-1641). Convertidos ao protestantismo, os De Geer venderon en 1595 as súas propiedades e marcharon a Dordrecht, onde existía un barrio habitado por comerciantes de Liexa.

Entre 1605 e 1608, De Geer aprendeu a tratar o cobre na localidade francesa de Roanne en Francia, e logo estableceu o seu primeiro negocio en La Rochelle[2] En 1611 volveu a Dordrecht e asociouse con seus cuñados e o ano seguinte casou con Adrienne Gérard (ca. 1590–1634), tamén orixinalmente de Liexa, con quen tivo 16 fillos.[2] Tras gañar unha fortuna mudouse a Ámsterdam en 1615 e por esa época asociado con Willem de Bresche comezou o comercio de cobre coa coroa sueca.[3] Co inicio da guerra dos Trinta Anos aumentou a demanda de armas, e De Geer incrementou a súa produción e entregou armas ao rei Gustavo II Adolfo de Suecia, que quedou impresionado polos seus instintos empresariais, e puido arrendar propiedades nas proximidades de Finspång, Östergötland, onde ao pouco De Geer establecía unha formidable industria con traballadores valóns que traballaban segundo o método de forxa valón que producía o ferro en barras máis apreciado de Europa.[4]

O goberno sueco continuou a apoialo e así recibiu en 1620[5] monopolio do cobre e do comercio de ferro, De Geer adoptou Suecia como a súa segunda patria e acabou asentándose alí entre 1627 e 1631. En 1634 comprou "Het Huis met de Hoofden" no Keizersgracht de Ámsterdam. A súa muller morreu despois de nacer o seu décimo sexto fillo.[6]

En 1640 volveu outra volta Suecia e a raíña ennobreceuno, mercou novas propiedades no país, e mesmo a embaixada dos Países Baixos en Suecia ten a súa sede en antigas propiedades de De Geer en Estocolmo.[6]

Comisionado por Axel Oxenstierna foi a Ámsterdam para apoiar a guerra contra Dinamarca, e en 1644, ao inicio da guerra de Torstenson contra os dinamarqueses, equipou unha armada para loitar contra eles, compúñana 32 naves cos seus mariños, oficiais e armamento e os suecos foron capaces de conquistar Fehmarn en Dinamarca grazas á súa axuda. De Geer está considerado o responsable da creación da Compañía Sueca de África, ao se fundar a empresa en 1649 estalaron disturbios en Ámsterdan. Morreu en 1652 ao enfermar tras outra viaxe a Suecia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Louis De Geer" Nordisk familjebok 6. Stockholm: Project Runeberg. 1907. pp. 2–4.
  2. 2,02,1 Jan Romein e Annie Romein-Verschoor (1977). Louis de Geer. Erflaters van onze beschaving: Nederlandse Gestalten Uit Zes Eeuwen . Amsterdam. p. 285-305. ISBN 978-90-214-2028-8.
  3. Ole Peter Grell (2011) Brethren in Christ: A Calvinist Network in Reformation Europe Cambridge University Press, 2011, p. 276
  4. Anders Florén e Göran Rydén "Convergencia tecnológica y diversidad social. Mercados, centros de producción y cambio tecnológico en la industria del hierro europea, 1600-1850" Revista de Historia Industrial 12 (1997). Universitat de Barcelona, p. 98
  5. Maarten Prak e Diane Webb (2005) The Dutch Republic in the Seventeenth Century: The Golden Age Cambridge University Press, p. 123
  6. 6,06,1 "Louis De Geer". Svenskt biografiskt lexikon 10. Stockholm, 1931. p. 457.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Louis_De_Geer&oldid=4835869"