Louis Renault

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Louis Renault
Nobel prize medal.svg
LouisRenault.jpg
Yousafzai no 2014.
Nacemento21 de maio de 1843
 Autun, Borgoña, Flag of France.svgFrancia
Falecemento8 de febreiro de 1918 (74 anos)
 Barbizon, Illa de Francia, Flag of France.svgFrancia
NacionalidadeFrancia
Educado enUniversity of Burgundy
OcupaciónXurista e educador
PremiosPremio Nobel da Paz
editar datos en Wikidata ]

Louis Renault, nado en Autun o 21 de maio de 1843 e falecido en Barbizon o 8 de febreiro de 1918, foi un xurista e educador francés. En 1907, xunto con Ernesto Teodoro Moneta, gañou o Premio Nobel da Paz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre o 1868 e 1873, Louis Renault foi profesor de Dereito romano e Dereito comercial na Universidade de Dijon. Desde 1873 e ata a súa morte foi profesor na Universidade de París, converténdose en profesor de Dereito internacional en 1881. En 1890 o Ministerio de Relacións Exteriores creo especialmente para el o posto de xurisconsulto. Como tal, participou en diversas conferencias internacionais demonstrando grande capacidade, destacando as dúas conferencias da Haia en 1899 e e 1907, así como a conferencia naval de Londres de 1908 e 1909.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Louis_Renault&oldid=4931641"