Luís Álvarez Pousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Álvarez Pousa
Luís Álvarez Pousa.jpg
Nacemento 8 de marzo de 1948
  Vila de Rei
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación xornalista
Xéneros Poesía, ensaio
Estudos Xornalismo
editar datos en Wikidata ]

Luís Álvarez Pousa, nado en Vila de Rei (Trasmiras) o 8 de marzo de 1948, é un profesor galego titular de Xornalismo, especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Teoloxía. Tamén é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid; doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi animador da Semana do ine en Ourense dende 1973. Colabora sobre temas de comunicación, cultura e xornalismo en diversas revistas especializadas, tendo impartido sobre estas cuestións numerosas conferencias dentro e fóra de Galicia.

Grupo Voz[editar | editar a fonte]

Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, xornal no que foi o seu primeiro cronista político nos anos da Transición, creando e dirixindo ata 1984 o seu primeiro Suplemento de Cultura. No grupo Voz ocupou así mesmo outros cargos de responsabilidade: coordinador xeral de Video Voz-TV, primeiro, e coordinador xeral da Multimedia Voz, despois, deixando daquela o grupo para incorporarse como profesor ó equipo que puxo en marcha a Facultade de Ciencias da Comunicación. Durante os anos 90, mantivo en La Voz de Galicia canda o debuxante Miguelanxo Prado a sección de opinión "A contratempo". Dous dos premios que lle foron concedidos tiñan relación coa súa actividade xornalística: o Café del Bolengo (1985) ó mellor labor de opinión en Galicia, e o Atlántida-2003 que lle concedeu o Gremi d’Editors de Catalunya "pola súa traxectoria como promotor cultural e como xornalista cultural". Tamén recibiu o premio da Crítica de Ensaio e Pensamento 2000 pola súa obra A identidade fronte á rede.

Revistas e outras actividades[editar | editar a fonte]

Fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade. É tamén membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), e membro dos consellos de redacción das revistas Tempo Exterior e Criterios. Traballou tamén nos medios audiovisuais: dirixiu e presentou Encontros, o primeiro debate na historia da TVG, e o programa semanal Extramuros, sobre as culturas europeas na canle galega. É contertulio fixo desde hai dous anos no programa Ganbara, de Radio Euskadi.

A principios dos 70 puxera en marcha e dirixiu as históricas Xornadas do Cine en Ourense. Entre o 9 de novembro de 1983 e o seu cesamento o 4 de xaneiro de 1985 foi director xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, promovendo actuacións dinamizadoras e dotando a Galicia dunha infrastrutura cultural creando entón o Centro Dramático Galego e o Arquivo da Imaxe. Na Televisión de Galicia presentou e dirixiu os programas Encontros (1986) e Extramuros (1988).

É o director do Observatorio Galego dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

É autor do poema "Sementeira", musicado por Fuxan os Ventos e que se converteu nunha das cancións máis populares en lingua galega.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Os cas da vida, 1972, Xistral.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Prensa ameazada. Desde a transición ó fraguismo, Edicións Lea.
  • A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información, 1999, Xerais.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos.
  • Globalización e cambio de milenio, Xerais.
  • Claves para unha información non sexista, 2010, Atlántica de Información e Comunicación de Galicia. Coordinador con Belén Puñal Rama.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.

Edicións[editar | editar a fonte]

Estes libros foron publicados na colección Biblioteca Gallega, da que tamén foi coordinador editorial.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Periodismo de Fuente, Universidade Pontificia de Salamanca.
  • Periodismo Especializado, Ariel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_Álvarez_Pousa&oldid=4761602"