Luís Ardao López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Ardao López
Nacemento1907
 Oleiros
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Luís Ardao López, nado na Capela (Oleiros) en 1907 e finado na Coruña o 7 de marzo de 1938, foi un labrego e soldado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 6 de decembro de 1934 foi autor dun atraco a man armada en Vilarrodís (Oseiro, Arteixo) con Recaredo Lois, resultando feridas Julia Vázquez Vázquez e a súa filla María Castro Vázquez, de doce anos, que morreron días despois. Detidos o 22 de decembro, Luís foi condenado en consello de guerra a 30 anos de reclusión maior,[1] que cumpriu no penal de El Dueso. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi liberado. Combateu na fronte de Asturias co exército leal e foi proposto para tenente. O caer a fronte norte, pasou a Galicia, e estivo escapado polos montes. Foi detido nun Monte de Monfero. Xulgado na Coruña por rebelión militar en xaneiro de 1938,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 11-5-1935, p. 11.
  2. El Compostelano, 17-1-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_Ardao_López&oldid=5004297"