Luís Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Medalla de Galiza.svg
Luís Calvo
Nacemento 19 de xullo de 1897
  Carballo
Falecemento 7 de xullo de 1980
  Carballo
Nacionalidade España
Ocupación empresario
editar datos en Wikidata ]

Luís Calvo Sanz, nado en Carballo o 19 de xullo de 1897 e finado no mesmo concello o 7 de xullo de 1980[1], foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Calvo Pérez, que rexentaba un almacén de coloniais en Carballo. Cando morreu o pai en 1902, herdou xunto á súa nai o negocio familiar. Estudou nos Escolapios de Monforte de Lemos e fixo o bacharelato na Coruña no Colexio Dequidt, despois estudou a carreira de profesor mercantil. En 1928 coñeceu a Emilio González López, co que estableceu unha fonda amizade, e afiliouse á ORGA. Coa proclamación da Segunda República foi elixido concelleiro de Carballo. Militante de Izquierda Republicana, formou parte da Comisión Xestora da Deputación da Coruña constituída en marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión, resultou absolto, pero foi sancionado por "Responsabilidades Políticas". Na posguerra montou unha fábrica de carne en latas. Cando un decreto prohibiu a conserva de carnes decidiu transformala en fábrica de fabada en conserva, orixe do Grupo Calvo. Despois pasou ao escabeche. Nos anos sesenta introduciuse no bonito co invento dunha empacadora de atún.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1996 recibiu a Medalla de Prata de Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1934 con María Dolores Pumpido Esperante e foi pai de Manuel e José Luis Calvo Pumpido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-7-1980, p. 56.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_Calvo&oldid=4610009"