Luís Iglesias Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Iglesias Iglesias
Luís Iglesias Iglesias 1934.jpg
Luís Iglesias Iglesias, retrato en Vida Gallega, 1934.
Datos persoais
Nacemento2 de xullo de 1895
LugarTeis (Vigo)
Falecemento29 de decembro de 1977 (82 anos)
LugarSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Actividade
CampoEntomoloxía
TeseCurculiónidos da Península Ibérica e Islas Baleares
editar datos en Wikidata ]

Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis (Vigo) o 2 de xullo de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1977,[1] foi un científico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou bacharelato en Vigo e en Madrid Ciencias Naturais e Medicina. Doutorouse en Ciencias Naturais coa tese Curculiónidos da Península Ibérica e Islas Baleares en 1918. Ao ano seguinte licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago. Dedicouse á docencia e a súa obra investigadora centrouse, sobre todo, na Entomoloxía. Desempeñou os cargos de decano da Facultade de Ciencias, presidente do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte desde 1926, e reitor da Universidade. En 1947 ingresou na Real Academia Galega co discurso Las especies del género Carabus en Galicia. Tamén colaborou na Historia de Galiza de Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.

Galardóns e homenaxes[editar | editar a fonte]

O Museo de Historia natural[2] da USC leva o seu nome e, no ano 2014, a Real Academia Galega de Ciencias adicoulle o Día do Científico Galego.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Algunas especies nuevas o poco conocidas para la fama ornitológica de Galicia.
  • Reconocimiento de tejidos vegetales por reactivos microquímicos.
  • Los prados de las regiones media y montaña de Galicia.
  • Descripción de tres yacimientos gallegos de evansita.
  • La lucha antiacrídica.
  • Fauna de Galicia I.
  • Cerambícidos de Galicia II.
  • Variabilidad por fluctuación de las manchas elitrales de "Crioceris asparagi".
  • Biología de los parásitos del hombre.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ricardo Montequi Díaz de Plaza
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1936
Sucesor:
Felipe Gil Casares
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_Iglesias_Iglesias&oldid=4834465"