Luís Rial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Rial
Nacemento4 de agosto de 1942
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]
Medalla de Galiza.svg

Luís Rial Suárez, nado en Santiago de Compostela o 4 de agosto de 1942, é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou traballando nos anos sesenta na Cadena SER, logo pasou á Radiocadena Española e en 1973 comezou a traballar como correspondente de Radio Nacional de España en Galicia, con sede en Santiago. Alí permaneceu ata 1985, cando pasou a integrar o cadro de traballadores da entón acaba de crear Radio Galega. Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos magazines da fin de semana que se chamaba Galicia en festas, e que despois se converteu en programa de seu baixo o título Un día de radio. A partir de 2005 dirixiu e presentou o late show A hora golfa, en emisión de madrugada; ese foi o seu último programa ata que a dirección da radio decidiu improcedentemente a súa xubilación ao cumprir os 65 anos. Trala súa readmisión forzosa por mandato xudicial, presentou e dirixiu o programa de madrugada da Radio Galega, baixo o título de Pensando en ti, rótulo que popularizara Marcial Mouzo ata que foi destituído o 8 de xuño de 2012 logo de insultar os seus compañeiros de emisora en antena[1].

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado e con tres fillos, é propietario dun local de hostalería. Tamén foi dirixente de diversos colectivos de hostaleiros, como a Unión Hostaleira Galega.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_Rial&oldid=4966381"